Prado pide ao BNG que "rompa con Bildu" e demostre "o seu compromiso coa democracia galega"

Incide nas "pelexas internas" dos socialistas galegos e exemplifica coa lei do litoral.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 12/05/2023 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, pediu este venres ao BNG que "rompa con Bildu" e que demostre "o seu compromiso con Galicia e coa democracia galega". Así o trasladou durante un acto de campaña no que apoiou á alcaldesa de Muros e candidata popular á reelección, Inés Monteagudo.

Prado reivindicou a súa conexión con Muros, unha localidade na que veraneou, e desde o municipio costeiro comprometeu que o PPdeG trasladará aos 313 concellos de Galicia un proxecto "de estabilidade" que contrapuxo cos de PSOE e BNG, "centrados no seu independentismo e nas súas pelexas internas".

"Temos a un BNG instalado no ecoloxismo radical, no independentismo e neses pactos con Bildu que, como comprobamos nestes días, levan nas súas listas en País Vasco a terroristas condenados por pertenza a banda armada", advertiu. E a continuación, esixiu á formación que lidera Ana Pontón que "rompa" con Bildu e demostre "o seu compromiso con Galicia e coa democracia galega".

"PELEXAS INTERNAS" NO PSDEG

Prado tampouco escatimou en críticas ás "pelexas internas" no PSdeG e apuntou á lei autonómica de ordenación do litoral, "cun delegado do Goberno (José Ramón Gómez Besteiro) e un secretario xeral (Valentín González Formoso) que "non se pon de acordo en apoiala ou non".

"Desde o PPdeG dicimos claramente, desde esta localidade costeira, que defendemos á xente e ás empresas do mar", abundou a secretaria xeral do PPdeG, quen, en clave local, remarcou o seu apoio ao proxecto de "futuro, solvencia e de facer ben as cousas dos populares" que "encarna á perfección" Inés Monteagudo.

Paula Prado visita Muros no marco da campaña
Paula Prado visita Muros no marco da campaña | Fonte: PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xanc

O PP leva na súa candidatura en Güeñes en Euskadi ao portavoz de Bildu ata fai uns meses. Nadie fala disto..? Entón... Para o PP, Bildu son bos ou son malos?