Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2025 | Actualizada ás 10:53
O lume de Pobra do Brollón, que segue en alerta por proximidade do mesmo a vivendas, continúa avanzando sen control desde o seu inicio no mediodía do luns e xa calcina ao redor de 600 hectáreas. Recólleo a última actualización enviada pola Consellería do Medio Rural, que unicamente informa de incendios superiores a 20 hectáreas. Así, ademais do último dos incendios forestais declarados, permanecen activos outros dous, ambos en Ourense.
Na mañá do martes, Pobra do Brollón continúa en Situación 2 como medida preventiva pola proximidade aos núcleos de Golmar, neste municipio, e Conceado e San Pedro, en Quiroga, localidade lucense tamén afectada o incendio de Larouco, xa estabilizado. Así mesmo, a estrada LU-933 segue coa circulación interrompida entre os quilómetros 18,5 e 24,2, segundo informa o 112 Galicia.
Polo seu lado, en Ourense, continúan activos os lumes de Avión, que queima unha superficie estimada de 150 hectáreas na parroquia de Nieva; e o de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, que calcina 4.700 hectáreas en Galicia tras propagarse a Ourense o lume iniciado o xoves 14 de agosto na localidade zamorana de Porto. Este incendio afecta as montañas de Trevinca.
View this post on Instagram
A post shared by Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
EXTINGUIDOS
Por outra banda, durante a noite do luns déronse por extinguidos catro incendios, tres deles en Ourense. Nesta provincia apagáronse os lumes de Vilardevós, parroquia de Moialde (1.102 hectáreas; 713 son arboredos e 389, rasas); Riós, parroquia de Fumaces e a Rube (130,63 hectáreas; 82,92 son arboredos e 47,71, rasas), e Riós, parroquia de Trasestrada (33,52 hectáreas; 17,5 son de superficie arboredo e 16,02, rasa).
En Pontevedra, ás 21.22 horas deuse por extinguido o lume de Vilaboa, parroquia de Santa Cristina de Cobres. Iniciado o xoves ás 16.27 horas, queimou 72,17 hectáreas de superficie arboredo. Durante a tarde na que se orixinou, obrigou a decretar a alerta por proximidade a vivendas do núcleo de Vilar.
ESTABILIZADOS E CONTROLADOS
Doutro xeito, están estabilizados os lumes de Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso (19.000 hectáreas); Larouco, parroquia de Seadur (ao redor de 30.000 hectáreas calcinadas en territorio galego); Oímbra e Xinzo de Limia, parroquias da Granxa e Gudín (17.000 hectáreas); A Mezquita, parroquia da Esculqueira (10.000 hectáreas); Carballeda de Avia e Beade (4.000 hectáreas), e Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos (900 hectáreas).
Outro tres incendios permanecen controlados: Maceda, nas parroquias de Santiso e Castro de Escuadro (3.500 hectáreas); Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas), e Carballedo, parroquia da Cova (100 hectáreas).¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- SATSE insta a Sanidade e a CC.AA. a cumprir co Plan de Acción de Saúde Mental 2025-2027
- Deteñen a un veciño de Toques como presunto autor dun incendio forestal en Melide
- Última hora: O incendio na Pobra do Brollón xa calcina 600 hectáreas
- Reaccións incendios: López replica a Feijóo: "Pulseiras deberían ter algúns para saber onde estaban" durante os lumes
- (Vídeo) Perigo para as casas no incendio de Pobra do Brollón, que calcina 600 hectáreas
- Os alcaldes impotentes con concellos arrasados polos lumes: "xa non queda nada por arder"