Está "practicamente completo" e "en moi bo estado de conservación". Nas campañas anteriores o director da escavación, Xurxo Ayán, presentara outro esqueleto case completo ao que chamou "Atilano".
Os Condes de Lemos intentaron someter o territorio da actual Pobra do Brollón pero o pobo non se deixou asoballar. Mónica Rodríguez Vázquez, artífice da Feira Guímara, fala de como se xestou esta festa.
"Cando viñemos aos Conventos cos veciños, vimos un lugar diferente que non se axusta ao de sempre. É como un museo fósil que quedou aí. Cando o Concello desbrozou o lugar e limpou, vimos que aquí pode estar condensada a historia da evolución da Ribeira Sacra". É Xurxo Ayán, arqueólogo responsable da escavación de Conventos, na parroquia de Vilachá, na Pobra do Brollón que asegura que están ante un achado extraordinario.
No lugar dos Conventos, na parroquia de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, poderían estar as orixes históricas da Ribeira Sacra e dos seus coñecidos viños. Iso, polo menos, é o que cre un equipo que dirixe o arqueólogo Xurxo Ayán que comezou a escavar no que cre que son os vestixios dun mosteiro medieval desaparecido.
Impulsado polo Concello da Pobra do Brollón e da Asociación de Veciños de Vilachá, este proxecto combina unha serie documental sobre a vida dos veciños de Vilachá e o estudo científico sobre este territorio e as súas orixes.
O rexistro arqueolóxico das catros campañas realizadas entre 2016 e 2018 neste sitio arqueolóxico da Pobra do Brollón facilita información sobre a ocupación deste lugar ao longo dos últimos dous mil anos.
A Avenida de Outeiro, acceso principal á vila, xa loce doutro xeito tras rematar as obras de acondicionamento e humanización. As melloras realizadas están gustando moito aos veciños.
"Buscabamos outra calidade de vida fóra da cidade e decidimos virnos para a Pobra do Brollón", di a familia de Xenia Monterde. Esta rapaza que chegou hai un ano a Galicia está envolta nun proxecto dunha residencia de mascotas.
O Clube Guímaro Motor naceu hai 10 anos no concello da Pobra do Brollón e desde entón, cada ano, celebran unha xornada de recollida de lixo, actividade á que denominan Xornada Verde. Falamos co secretario, Luis Carlos Martínez.
Gardacostas de Galicia amosa a intervención realizada onte pola tripulación do helicóptero 'Pesca 2' para evacuar ao Hospital de Ourense a unha muller con traumatismo nas costas e nun brazo tras sufrir unha caída mentres realizaba a Ruta da Castaña.
As condicións do terreo, rochoso, esvaradío e de difícil acceso, fixeron necesaria a evacuación da ferida no Pesca II.
Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas que definirá todos os recursos turístico-científicos das dúas comarcas para realizar por turistas e profesionais.
  comenta   0
Máis de 120 persoas dos catro recunchos de Galicia participaron nas dúas andainas que o proxecto Rutas de Historia celebrou durante o sábado e o domingo en Sober, Monforte e Pobra do Brollón. A seguinte cita será no Pedregal de Esteiro, en Muros.
No castro de San Lourezo, na parroquia de Cereixa, da Pobra do Brollón, habitaba unha comunidade labrega humilde de diferentes xeracións que compartían este espazo vencellado a un santo. Estamos na antesala das parroquias galegas dos séculos XII-XIII.
Trátase dunha mandíbula e un cráneo. O concello asegura que os restos atopados permitirán coñecer o modo de vida durante a orixe da Ribeira Sacra.
A Asociación da Recuperación da Memoria Histórica e o arqueólogo Xurxo Ayán colaboran nesta iniciativa para atopar a un xastre e a un gandeiro que foron fusilados ao comezo da guerra. A xornalista de La Sexta Ana Pastor realizou un programa desde o lugar da exhumación.
Esta fin de semana celébrase a XXVII edición da Feira do Viño de Vilachá tendo como marco incomparable un conxunto etnográfico de adegas centenarias.
  comenta   1
Convértese así no primeiro concello da provincia de Lugo en impulsar este tipo de iniciativas para transformar residuos orgánicos e de xardinería en fertilizante.
  comenta   0
A tradicional improvisación oral en verso do Courel forma parte do programa escolar Regueifesta que terá lugar na Pobra do Brollón.
  comenta   0
Manuel Gago e Xurxo Ayán presentan o documental sobre a campaña arqueolóxica que se está a levar a cabo na parroquia de Cereixa, na Pobra do Brollón (Lugo).
  comenta   0