Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2025 | Actualizada ás 15:44
Unha persoa foi atopada falecida nunha pisicina de Carballeda de Valdeorras (Ourense), segundo recolle o servizo de emerxencias 112 no seu parte de incidencias. O aviso chegou por parte dun particular ao redor das 11.00 horas. Segundo indicou, acudiu á piscina en Riodolas e divisou a unha persoa flotando nela. Desde o 112 informouse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que se mobilizou ata o lugar pero só puido confirmar o falecemento da persoa. Tamén se desprazou a Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.