(Vídeo) Desolación, morte, destrución en San Vicente de Leira... Así deixaron os lumes esta aldea

Moitas aldeas están consumidas polas lapas naa zonas rurais de Galicia. O desastre é de tal magnitude que aínda non é coñecido.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 19/08/2025 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

Galicia arde, Ourense arde. Non hai medios, non hai xente para parar esta desgracia. Tampouco hai chuvia, que é o único que hoxe podería parar esta vaga monstruosa de incendios, e, por iso, as lapas seguen consumindo milleiros de hectáreas e arrasando todo ao seu paso.

Aldea de San Vicente de Leira, en San Martín de Valdeorras, totalmente arrasada polos incendios
Aldea de San Vicente de Leira, en San Martín de Valdeorras, totalmente arrasada polos incendios | Fonte: remitida

Unha lapas que corren e non se deteñen e queiman todo o que atopan. Polo momento, hai xa varias aldeas totalmente queimadas. Algunhas teñen nome, doutras aínda non se sabe. Estas imaxes son da aldea de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras. Neste mesmo concello hai outra totalmente abrasada, a de Cernego. Arderon sen medios para protexelas, nin veciñanza que puidera enfrontarse a elas.

Estas aldeas están preto de Pena Trevinca. Outra paraxe completamente arrasada polos incendios. O único bo desta desgraza e que, polo momento, a veciñanza si puido salvar o  Teixadal de Casaio, o monte máis antigo de Galicia.

"QUEN MINTE?"

"Para o goberno galego as montañas máis altas do país non existen, un dos ecosistemas de alta montaña de máis valor fixérono desaparecer das súas estadísticas incendiarias. Teñen que dicir a superficie arrasada en Pena Trevinca, no Macizo Central, na Raia Seca, no Val de Monterrei, en Valdeorras  no Courel...Quen minte a Xunta de Galicia ou os datos que facilita o sistema copernicus da Unión Europea?", apunta Xosé Santos Otero, traballador Forestal e vogal do Consello Forestal de Galicia.

"Os traballos de prevención orzamentados e aprobados para o ano 2025 sen facer...vacantes e baixas de bombeiros forestais, conductores de autobomba, vixiantes de incendios sen cubrir (chegaron a incendios de Ourense brigadas da Coruña con só dous compoñentes, como mínimo deben ser cinco), distritos enteiros sen un só vixiante as 24 horas do día nas casetas de vixiancia máis estratéxicas...autobombas parados por falla de conductores, 14 equipos "batracio" que costaron 5 millóns de euros ninguén sabe deles...a estrutura dos axentes forestais desfeita", indica.

Este profesional da loita contra os lumes ten claro que "faltan medios", pero é algo que xa se sabía. "Levámolo dicindo fai máis de dez días", asegura. "Ulos medios de outras consellerías, ulos medios das deputacións, ulos medios dos concellos??? os profesionais que estamos nos montes, nos frontes dos lumes non os temos visto. Moitos incendios que calcinaron/que están arrasando aldeas, granxas, explotacións agrícolas, montañas enteiras, ecosistemas de vital importancia non tiveron ningunha axuda, nas zonas máis afectadas salvouse algo do que os veciños e veciñas forón capaces de defender cos seus medios, avisados a toque de campana e por teléfono, medios moi limitados mais, se non veñen as brigadas, se non mandan autobombas, se non veñen os axentes ambientais, se non ven a UME...que facemos???", di.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta