Por Europa Press / Redacción | MADRID | 19/08/2025 | Actualizada ás 11:35
O presidente de Francia, Emmanuel Macron, expresou este martes a súa "plena solidariedade" con España ante o que veu a chamar "o megaincendio do século", en alusión a unha vaga de incendios que tamén mobilizou a efectivos franceses. Francia contribuíu con dúas aeronaves e efectivos terrestres aos combates contra as chamas. "Fronte a este reto, solidariedade europea e fraternidade entre nacións", recalcou o mandatario galo en redes sociais.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse este martes con representantes municipais da provincia co obxectivo de reforzar a coordinación fronte á elevada actividade incendiaria que está a rexistrar Galicia durante este mes de agosto. No encontro estivo acompañado pola directora territorial da Consellería do Medio Rural, Olga Igrexas, e polo xefe do servizo de Emerxencias, Daniel Díaz.
Arias subliñou que Galicia atravesa "unha situación excepcional, que obriga a dar prioridade absoluta á defensa das persoas e das vivendas naqueles lugares onde os incendios avanzan con especial violencia". Tamén destacou a importancia de manter un contacto directo cos alcaldes, "porque sodes quen mellor coñecedes o territorio de cada municipio", e agradeceu a colaboración tanto dos servizos municipais como dos gandeiros, "que están a axudar activamente cos medios dos que dispoñen".
GORETTI SUBLIÑA A IMPORTANCIA DA PREVENCIÓN
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, subliñou a importancia da prevención para que "os incendios non sexan unha realidade" no medio da vaga de lumes que vive a provincia de Ourense.
Preguntada polos medios de comunicación este martes, Sanmartín destacou que a situación cos incendios é "dramática" e ten que ver con "múltiples causas de ordenación do territorio e de falta de proxectos para que o rural sexa vivo, dinámico e haxa un monte multifuncional". Nesta liña, sinalou á Xunta para que marque o camiño e cambie algunhas cuestións de política do monte.
PEDRO SÁNCHEZ PIDE EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, pediu á cidadanía extremar as precaucións fronte aos incendios activos en España, a pesar de que a onda de calor rematou e melloraron as condicións meteorolóxicas. Durante a súa visita ao Posto de Mando Avanzado de Jarilla (Cáceres), Sánchez subliñou que aínda quedan “horas difíciles” e insistiu en seguir as indicacións das autoridades, destacando a importancia da colaboración entre Administracións e territorios para afrontar a crise.
Sánchez anunciou que o próximo 26 de agosto o Consello de Ministros declarará zonas afectadas por emerxencia de protección civil nos territorios afectados, garantindo así o compromiso do Executivo coa extinción e posterior reconstrución. Destacou que desde o primeiro momento o sistema de Protección Civil e a UME estiveron á disposición das autoridades autonómicas e que esta colaboración continuará durante a recuperación.
O presidente puxo de relevo a solidariedade interterritorial e internacional, resaltando que a cooperación entre comunidades autónomas e a activación do mecanismo de protección civil europeo permitiron mobilizar recursos para conter os lumes. Ao mesmo tempo, lembrou ás persoas afectadas, agradeceu aos profesionais e medios de comunicación, e insistiu na necesidade de manter a prudencia mentres persiste a emerxencia.
A XUNTA "DESAPARECIDA" ANTE OS INCENDIOS
O deputado ourensán e portavoz de Medio Rural do BNG, Secundino Fernández, acusou á Xunta de Galicia de estar “desaparecida” fronte aos seis focos que provocaron a actual vaga de incendios, denunciando unha “falta de actuación” tanto na prevención como na extinción. Durante unha rolda de prensa, o nacionalista criticou a “indiferenza, ineptitude e inutilidade” dos dirixentes do Partido Popular, que segundo el non controlaron estes focos situados principalmente nas comarcas ourensás do Oriente, incluíndo Mezquita, Oímbra, o Macizo Central e Larouco.
Fernández asegurou que esta situación levou á “maior catástrofe ambiental, económica e social da historia recente de Galicia” e responsabilizou ao Goberno galego por non dispoñer de medios suficientes para atender os seis focos. O deputado subliñou que estes lumes non xorden de forma espontánea, senón que son consecuencia de políticas inadecuadas combinadas con altas temperaturas e sequedad ambiental, e criticou a “falta de actuación” na prevención e extinción dos incendios.
A pesar das críticas, Fernández pediu poñer “en funcionamento todos os medios” e mellorar a coordinación entre servizos para protexer ás aldeas e á poboación afectada. Reivindicou que se dispoñan recursos suficientes para eliminar o perigo inmediato e solucionar a situación, sinalando que as discusións políticas deberían deixarse para máis adiante, priorizando a acción inmediata fronte á emerxencia.
"O DEBER É PRESTAR SOCORRO, NON ESCATIMAR"
O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volveu a criticar a resposta do Goberno de coalición fronte á vaga de incendios forestais e recalcou ao presidente Pedro Sánchez que o seu "deber" é "prestar socorro" ás comunidades autónomas e non "escatimar" medios nin "improvisar".
Nunha mensaxe na rede social X, Feijóo fíxose eco das queixas dos presidentes de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e de Galicia, Alfonso Rueda, pola falta de medios contra os lumes, e contratouno coas noticias que apuntan a que España só investiu 2,7 dos 71 millóns de fondos europeos previstos para xestión forestal, e co atraso en desenvolver o prometido Mecanismo Nacional e Resposta en Emerxencias.
"Cinco días pedindo reforzar ás Forzas Armadas e a maioría do pedido non chegou. Cinco anos sen aprobar un Mecanismo Nacional de Resposta de Protección Civil. Os fondos de prevención, sen investir. O deber de Sánchez é prestar socorro, non escatimar e improvisar sempre", escribiu na mensaxe recolleita por Europa Press.
RUEDA MOSTRASE ESPERANZADO, HUMIDADE E BAIXADA DE TEMPERATURAS
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mostrouse esperanzado ante a evolución da vaga de incendios que afecta á comunidade desde hai máis dunha semana e que xa calcinou máis de 70.000 hectáreas. En declaracións a Cadea Ser, destacou que a humidade nocturna e a baixada de temperaturas nos próximos días poderían facilitar o traballo dos servizos de extinción, especialmente na provincia de Ourense, onde actualmente quedan sete incendios activos e cinco focos estabilizados. Rueda subliñou que, a pesar de non coñecer aínda o impacto exacto en hectáreas e fogares, o máis importante é concentrarse en frear as chamas.
O líder da Xunta denunciou a "intencionalidade humana clara" detrás de moitos dos incendios, apuntando á "maldade humana" e á acción consciente de quen provoca lume en momentos de máxima dificultade para a extinción. Destacou tamén que existen equipos da Garda Civil dedicados á investigación destes sucesos e apelou á necesidade de ser inflexibles ante quen actúa con intención de danar. Con todo, respecto á posibilidade dunha trama organizada, Rueda preferiu remitirse ás investigacións xudiciais, asegurando que non dubida da existencia de incendios provocados intencionadamente.
Rueda pediu máis medios ao Goberno central para facer fronte á magnitude dos incendios, recoñecendo que os profesionais galegos están a traballar con eficacia pero necesitan apoio adicional en maquinaria e persoal especializado. Rechazou subir ao nivel 3 de alerta, xa que considera que non suporía maior chegada de recursos e insistiu na importancia de non entrar en confrontacións políticas neste momento.
2025, O ANO CON MÁIS HECTÁREAS QUEIMADAS DO SÉCULO XXI
O 2025 podería ser o ano con máis hectáreas queimadas do século XXI se se confirman as estimacións, que apuntan a que xa arderon "máis de 300.000", segundo sinalou en declaracións a Europa Press WWF a partir de datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO).
Para atopar un ano con peores cifras de hectáreas queimadas habería que remontarse a 1994, cando arderon 437.602,50 hectáreas. De acordo co Sistema de Información de Incendios Forestais da Comisión Europea (EFFIS, polas súas siglas en inglés) de Copernicus, no que vai de ano arderon 382.607 hectáreas en España.
A inmensa maioría desas hectáreas foron pasto das chamas neste mes de agosto xa que a cifra, a 29 de xullo, era de 41.903 hectáreas pero, a partir do día 7, o reconto de hectáreas ía por 47.302. Por tanto, o número disparouse nos últimos días, ata alcanzar as 382.607, xa que nestas semanas arderon preto de 340.000 hectáreas.
De momento, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen, cifrou a 18 de agosto en 138.000 as hectáreas calcinadas ata o 10 de agosto, aínda que avisou de que os datos previsiblemente empeorarán dado que estes números non recollen a superficie queimada polos incendios que están actualmente activos en boa parte de España.
"AS COMUNIDADES DO PP ESCURRINDO O VULTO"
O ministro para a Transformación Dixital e a Función Pública, Óscar López, considera que a actual situación provocada polos incendios forestais "abriu un debate" sobre o Estado das Autonomías, acusando as comunidades do PP de "escurrir o vulto" e facer responsable ao Goberno central cando eles teñen a competencia.
"Se cada vez que hai un problema saio correndo e a culpa é de Papá Estado, entón temos un problema", sostivo Óscar López nunha entrevista en RNE, recollida por Europa Press, sobre o cruzamento de reproches entre as autonomías 'populares' e o Goberno central polos incendios que están a arrasar gran parte do país.
ención e en extinción de incendios corresponde ás comunidades autónomas: "É un pouco raro que responsables autonómicos do Partido Popular, que si teñen a competencia directa, desaparezan e bórrense cando hai un problema".
RUEDA INSTA AO GOBERNO A MANDAR AXUDA
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, instou ao Goberno a enviar os medios anti incendios comprometidos que faltan e avanzou que as axudas autonómicas activaranse "de inmediato". Así o expresou o líder do Executivo autonómico en diversas intervencións ante os medios de comunicación.
En canto aos medios, insistiu en que, aínda que xa chegaron a Galicia 200 soldados a maiores para colaborar coa Garda Civil, só hai dispoñibles tres dos 20 buldocers solicitados, unha Brif e nada das 30 motobombas, dous avións de coordinación e tres abastecedores que necesita o dispositivo.
Ademais, confirmou que Galicia activará "de inmediato" as axudas para quen sufriron os incendios. "Serán rápidas na súa convocatoria e no seu pago, como xa demostramos en 2022. É importante que o Goberno central colabore. Os afectados non poden esperar", defendeu nunha mensaxe publicada en redes sociais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.