Lousa máis barata para axudar á reconstrucción de vivendas afectadas polos lumes

Os damnificados polos incendios deste verán nas comarcas de Valdeorras e do Bierzo poderán beneficiarse dun 40% de desconto no prezo da lousa para rehabilitar as súas casas. Isto será posible grazas ao acordado polo Clúster da Pizarra de Galicia e a Federación Nacional de la Pizarra.

Por Galicia Confidencial | Carballeda de Valdeorras | 11/10/2025 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Os membros das xuntas directivas do Clúster da Pizarra de Galicia e a Federación Nacional de la Pizarra adoptaron este 7 de outubro acordos para rebaixar un 40% o prezo da lousa a aquelas persoas que resultaran prexudicadas polos lumes deste pasado verán en Valdeorras e no Bierzo.

Eliseo López, presidente do Clúster da Pizarra de Galicia e a Federación Nacional de la Pizarra. Foto: Clúster.
Eliseo López, presidente do Clúster da Pizarra de Galicia e a Federación Nacional de la Pizarra. Foto: Clúster.

As alcaldías dos diferentes concellos afectados comunicarán ao Clúster ou á Federación que a vivenda que se pretende reconstruir foi afectada polos citados lumes, xa que para ser beneficiario das axudas cada propietario deberá presentar á Xunta de Galicia ou á Junta de Castela e León un proxecto para a reconstrución da súa vivenda.

“Desde o Clúster non somos alleos ao que ocurriu cos lumes, e iso pasa por axudar a que a xente poda reconstruír as súas vivendas”, explicaba Eliseo López, presidente das entidades promotoras destas axudas á saída da reunión. Tamén lembrou que moitas das empresas que forman parte do Clúster implicáronse desde o principio, “participando na extinción dos lumes aportando maquinaria e efectivos”, porque “sentímonos na obriga de contribuír”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta