Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 09/09/2025 | Actualizada ás 18:29
A Consellería de Medio Rural informou de que o incendio forestal do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, foi extinguido este martes ás 14.48 horas. Tal e como lembran, o lume iniciouse ás 14.56 horas do pasado sábado e finalmente afectou a unha superficie de 1.020, das que 770 correspóndense con monte raso e 250 de arboledo.
Para a súa extinción mobilizáronse, de forma acumulada, cinco técnicos, 33 axentes, 54 brigadas, 34 motobombas, catro pas, catro unidades técnicas de apoio, 10 helicópteros e catro avións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.