Morre outro traballador tras caer cunha máquina cargadora por un terraplén

Aconteceu en San Martín de Valdeorras.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2025 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

Un traballador perdeu a vida tras caer por un terraplén coa máquina cargadora que manexaba no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois das 13.00 horas deste sábado cando o vehículo se precipitou por un terraplén mentres realizaba tarefas de movemento de material.

A voz de alarma deuna outro traballador da empresa que indicou á central de emerxencias que o home podería estar falecido. Desta forma, avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e GES de Valdeorras, á Garda Civil e a Protección Civil. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do traballador.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta