Valdeorras seduce ao mercado xaponés

O Master of Wine xaponés Kenichi Ohashi, acompañado de Koichi Kajiya, responsable dunha coñecida importadora xaponesa, estiveron na sede co Consello Regulador e achegáronse a coñecer viñedos en varios concellos da zona.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 07/09/2025 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Tras a visita a viñedos do territorio amparado, Kenichi Ohashi e Koichi Kajiya achegáronse á sede do Consello Regulador da D.O. Valdeorras onde lles agardaba o presidente, Marcos Prada, e o director técnico, Jorge Mazaira. Alí realizaron unha cata de viños da variedade godello, de diferentes adegas da comarca, tanto da anada actual 2024, como de anadas anteriores, entre outras, de 2019, 2018 e 2014, así como un viño tostado.

Visita do Master of Wine xaponés, Kenichi Ohashi á D.O. Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras.
Visita do Master of Wine xaponés, Kenichi Ohashi á D.O. Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras.

O Master of Wine xaponés destacou trala cata, non só “a altísima calidade” dos godellos, senón “o espectacularmente ben que envellecen os viños” que probou, algúns deles con máis de cinco, e incluso máis de dez anos de antigüidade.

Ohashi insistiu na posibilidade de que Xapón poda establecer relacións con Valdeorras e converterse nun mercado de interese para os viños valdeorreses, tanto para os brancos, como para os tintos.  

Kenichi Ohashi e Koichi Kajiya na sede do Consello Regulador. Foto: CRDO Valdeorras.
Kenichi Ohashi e Koichi Kajiya na sede do Consello Regulador. Foto: CRDO Valdeorras.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta