A D.O. Valdeorras comeza a vendima, marcada polo 80º aniversario do Consello Regulador e pola valoración do equipo técnico sobre o terreo dos posibles efectos do paso dos lumes que asolaron a comarca. “É importante sinalar que as viñas foron as heroínas que actuaron como cortalumes naturais en moitas partes, salvando moitas das casas dos pobos nas que están prantadas”, di un dos técnicos.
  comenta   0
Trátase de O Soro 2023, da adega Rafael Palacios, sendo o único desta variedade e un dos dous únicos brancos de España que acadan esa puntuación na prestixiosa publicación.
  comenta   0
Na súa primeira visita á D.O. Valdeorras aproveitou para realizar unha cata de 68 viños, 36 brancos e 30 tintos. Hidalgo é crítico de viños e editor para Chile, Arxentina e España, no medio estadounidense Vinous.com
  comenta   0
Este ano participaron 20 adegas con 50 referencias, 29 delas de viños brancos. O presidente da D.O. Valdeorras deulle importancia ao evento porque permite “visibilizar o traballo de adegueiros e viticultores, outorgándolles o protagonismo que merecen”.
  comenta   0
Calcúlase que o público asistente puido superar as 3.500 persoas, tendo contabilizado tamén o Consello Regulador que se serviron máis de 22.000 copas de viño na fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. As catas e os obradoiros de cociña esgotaron as prazas e houbo moita presenza de xente nova no evento, segundo sinalou o presidente da D.O. Marcos Prada.
  comenta   0
Acode ao evento que se celebrará en Ciudad Real baixo o amparo da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e levará un Túnel do Viño.
  comenta   0
A cerimonia de entrega celebrouse o pasado día 9 de abril no marco da 38ª edición do Salón Gourmets de Madrid.
  comenta   0
Dende o domingo 16, e ata o 18 de marzo, o Consello Regulador promove os caldos deste territorio no marco deste prestixioso foro internacional que se celebra en Düsseldorf (Alemania).
  comenta   0
O director técnico do Consello Regulador explicou que “a maior parte do público que visitou o noso stand, xa coñecía os nosos produtos” e deulle gran valor ao interese do "público profesional do sector da restauración".
  comenta   0
O equipo de cata da Guía Peñín conclúe que “a mellor versión da godello en España está en Valdeorras”. A noticia chegou días antes da celebración da XXV Feira do Viño de Valdeorras, evento que terá lugar os días 1 e 2 de xuño na Praza de Viloira do Barco.
  comenta   0
O presidente da asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, amosou a súa total satisfacción pois superáronse as previsións de asistencia malia as condicións meteorolóxicas adversas da fin de semana. As actividades enoturísticas desenvolvéronse do 3 ao 5 de maio.
  comenta   0
O xornalista pontevedrés leva moitos anos vinculado á TVE e é un dos rostros máis coñecidos dos espazos informativos da televisión pública.
  comenta   0
Este prestixioso foro de alimentación e bebidas de calidade desenvolverase en Madrid entre o 22 e o 25 de abril.
  comenta   0
Este ano celebrarase a fin de semana do 3 ao 5 de maio e a organización está rematando a programación de actividades que fagan da visita a Valdeorras unha "experiencia enoturística inesquecible".
  comenta   0
A cidade de Lugo acollerá o día 16 de abril unha parada promocional dos viños da D.O. Valdeorras. Daranse a coñecer nesta institución para todo tipo de público, pero principalmente para o sector profesional.
  comenta   0
O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de acordar a nova data de celebración da XXV Feira do Viño, o que supón adiantala unha semana en relación ao anunciado tempo atrás.
  comenta   0