14 adegas da D.O. Valdeorras presentes no 'Salón Gourmets'

Este prestixioso foro de alimentación e bebidas de calidade desenvolverase en Madrid entre o 22 e o 25 de abril.

Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 21/04/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A vindeira parada promocional dos viños valdeorreses terá lugar na capital de España, en Madrid, en concreto no Salón Gourmets. Un foro especializado en alimentación e bebidas de calidade que dará comezo o vindeiro luns e rematará o xoves, 25 de abril. “No marco deste espazo, 14 adegas da nosa Denominación de Orixe darán a coñecer os seus brancos e tintos”, destaca José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Viños de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras.
Viños de Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras.

“Unha oportunidade máis para divulgar, sobre todo, que o noso territorio amparado é o berce orixinario do godello posto que todos os brancos que poderán degustarse en Gourmets 2024 procedentes de Valdeorras son monovarietais elaborados a partir deste tipo de uva”, engade tamén Castellanos.

As adegas presentes neste evento darán a coñecer en Gourmets 202426 referencias de Valdeorras (17 brancas e nove tintas). Será no stand 6B30 do recinto feiral do Ifema.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta