Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2025 | Actualizada ás 18:14
Polo menos 10 manifestantes propalestinos foron detidos no tramo final da 15ª etapa da Volta nos municipios lucenses do Corgo e Monforte de Lemos. A este segundo emprazamento os ciclistas tiñan prevista a súa chegada pasadas as 17.00 horas deste domingo.
As detencións efectuáronse por desorde pública "con perigo para a integridade das persoas", segundo trasladan fontes coñecedoras das mesmas a Europa Press. Con todo, persoas que participaron nesta protesta informan a Galicia Confidencial que as detencións foron "arbitrarias" e froito da "tensión exercida pola Policía". Desta forma, oito foron efectuadas no Corgo a cargo de axentes da Garda Civil e outras dúas foron realizadas en Monforte por efectivos da Policía Nacional.
Entre as persoas arrestadas atópase a responsable comarcal de Lugo Sur do BNG, Rosana Prieto, segundo confirman fontes do partido a Europa Press. Varias mobilizacións foran convocadas en municipios lucenses durante a xornada para protestar contra a participación dun equipo israelí (Israel Premier Tech) na competición deportiva. Con todo, os episodios de maior tensión tiveron lugar nestas dúas localidades.
PROTESTAS EN MONFORTE
Ver esta publicación en Instagram
Una publicación compartida por Galicia Confidencial (@galicia_confidencial)
Varias mobilizacións foran convocadas en municipios lucenses durante a xornada para protestar contra a participación dun equipo israelí (Israel Premier Tech) na competición deportiva. Con todo, os episodios de maior tensión tiveron lugar antes da meta.
Fontes das entidades organizadoras das manifestacións denuncian "cargas policiais" e unha "represión brutal", que se orixinou antes da chegada dos ciclistas a Monforte. Así, informan de que a Policía chegou a "identificar a varias persoas" que portaban bandeiras palestinas.
A detención tivo lugar despois de que os manifestantes entoasen consignas propalestinas e tentase desprazar os valos. Este episodio levou ao dispositivo de seguridade a realizar un dobre valado nun punto a 150 metros da liña de meta.
Tras os arrestos, unha vintena de persoas de concentran diante da Comandancia da Garda Civil de Lugo e entre eles atópanse a concelleira do BNG de Outeiro de Rei, Elvira Lombao, e o secretario da CIG de Lugo-A Mariña, Lois Neto. Ambos, participaron durante esta xornada na protesta levada a cabo na Fonsagrada e apuntaron que foron identificados e propostos para sanción.
O CORGO
No paso de A Vuelta polo Corgo, minutos antes das 16.00 horas, xa se produciu outro episodio de tensión entre manifestantes e axentes da Garda Civil. Os participantes da protesta tentaron cortar a estrada e algúns deles foron reducidos polos axentes, tras o que se efectuaron un total de oito detencións.
Nun punto anterior, a 56 quilómetros do final, tivo lugar outro incidente. Como se puido ver na retransmisión da competición, un dos manifestantes estaba situado entre árbores, cando correu en dirección aos ciclistas e tropezouse aos pés do pelotón. Acto seguido, un garda civil, que se dirixía cara a esta persoa, pasou polo medio do pelotón. Este incidente saldouse cun dos participantes da Vuelta, Javier Romó, caendo da bici.
"NON HAI MOTIVOS PARA A REPRESIÓN"O BNG apoia á membro detida e a súa secretaria de organización, Lucía López Sobrado, considera que "non hai motivos para o uso da forza nin da represión". "As protestas que se están desenvolvendo en Galicia como na que participaba a nosa compañeira Rosana son lexítimas e plenamente pacíficas", xustifica.
Tras estos incidentes, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "indignantes" as detencións. "É indignante que se deteña a quen alza a voz conta a barbarie, todo o apoio aos detidos. Esiximos explicacións", publicou Pontón no seu perfil oficial das redes soicais. "Non deterán nunca a nosa solidariedade, a defensa dos dereitos humanos. Palestina vencerá", recalou Pontón.
Pola súa banda, o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, defendeu "non desprestixiar" un evento que "é de todos". "La Vuelta tamén é marca España e para defender a causa palestina non hai que desprestixiar un evento que é de todos os españois ou pór en risco a seguridade. Así non", trasladou nas súas redes sociais.
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
1 GamelaQuen dá instruccións á Policía Nacional e Garda Civil ? Ata onde sabemos é o Delegado do Goberno en Galicia ! Supoñemos que a Besteiro ninguén lle vai preguntar que opina da brutal represión das forzas de Seguridade do Estado ? Polo que respecta aos representantes do BNG todos sabemos quen vai pagar as multas gubernativas e os avogados que os defendan. Pero ao rapaces que van por libre pódelles sair a festa moi cara... Mentras o PSdG mirando La Vuelta !¿Gústache esta noticia?
- O curso escolar comeza con mobilizacións para pedir máis profesorado de apoio en varios centros
- A responsable comarcal do BNG detida en La Vuelta tivo que ser hospitalizada polos golpes recibidos
- Novas protestas contra o xenocidio de Israel en Gaza este martes en La Vuelta
- A advertencia que chega coa nova lei galega: "As bebidas enerxéticas non son enerxéticas, son estimulantes"
- O novo programa de turismo do Imserso desvelarase esta semana
- (Vídeo) Dez detidos e denuncias de "represión brutal" nas protestas pro Palestina en La Vuelta ao paso por Galicia