O novo incendio de Casaio arrasa xa 500 hectáreas e ameaza a aldea

O forte vento dificulta as tarefas de extinción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2025 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

Un incendio forestal continúa activo en Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, desde a tarde do sábado e calcina xa máis de 500 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural.

Con todo, fortes refachos de vento están a dificultar os labores de extinción do lume, iniciado ás 14.56 da pasada xornada. Fontes veciñais apuntan que comezou encima da antiga mina de wolframio de Valborraz. Ademais, indican que, na madrugada, estaba a estenderse e mesmo "ameazando" á aldea.

Polo momento, mobilizáronse para a súa extinción tres técnicos, 18 axentes, 22 brigadas, 21 motobombas, catro pas, tres unidades técnicas de apoio, seis helicópteros e catro avións. Esta parroquia xa sufriu outro lume en agosto, que arrasou 5.300 hectáreas --segundo as cifras da Xunta-- na contorna das montañas de Trevinca. Con todo, naquela ocasión tratábase dun incendio orixinado en Porto, na comarca de Sanabria, que traspasou a fronteira con Ourense.

Esta vez, non procede da provincia fronteiriza, tal e como trasladan fontes de Medio Rural, senón que se orixinou na localidade ourensá.

Bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Vences, a 14 de agosto de 2025, en Monterrei, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press
Bombeiros forestais tratan de extinguir o lume en Vences, a 14 de agosto de 2025, en Monterrei, Ourense, Galicia (España).. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta