Por Europa Press / Redacción | MADRID | 27/08/2025 | Actualizada ás 17:25
Os incendios forestais queimaron un total de 362.473 hectáreas en toda España entre o 1 e o 21 de agosto, segundo datos do Sistema de Información de Incendios Forestais da Comisión Europea (EFFIS, polas súas siglas en inglés) de Copernicus. Así o avanzou este mércores a vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Sara Agesen Muñoz, durante a súa comparecencia no Senado.
Unha triste estatistica sen precedentes nos últimos anos que encabeza Galicia, con 158.000 hectáreas arrasadas en 20 días, máis do 43% do total, principalmente, na provincia de Ourense. Tamén Castela e León, con 150.000 hectáreas queimadas resultou moi afectada, especialmente, as provincias de León e Zamora. En Estremadura foron 45.000 as hectáreas afectadas; en Asturias, 2.405 hectáreas; e en Madrid, 2.338 hectáreas. Tamén hai superficies afectadas en cantidades menores, no caso de Andalucía, Navarra e Castela-A Mancha.
ESPAZOS PROTEXIDOS
O 97% da superficie afectada foino por grandes incendios forestais. A superficie arboredo afectado estímase en 140.000 hectáreas e a superficie de Espazos Naturais Protexidos e Rede Natura 2000 afectada polos incendios, aproximadamente a estimación a día de hoxe son 160.000 hectáreas.
Tamén se viron afectadas áreas críticas para a supervivencia de 395 especies en perigo de extinción vulnerables ou en réxime de protección especial da listaxe LESPRE, como A pita do monte en 2.400 hectáreas, ou a cegoña negra, en 773 hectáreas, ou o oso pardo, en 1.751 hectáreas. "É unha análise que teremos que entrar a maior profundidade e que traballaremos por suposto", sinalou a ministra para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.