Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2025 | Actualizada ás 10:29
Mulleres Salgadas, a asociación galega de mulleres do mar, manifestou o seu malestar pola súa "exclusión" das diferentes reunións que mantivo o comisario de pesca e océanos da Comisión Europea, Costas Kadis, durante a súa visita a Galicia. "Ningunha das dúas principais asociacións de carácter autonómico de mulleres do mar e a pesca de Galicia foi convocada a participar nos encontros mantidos con Costas Kadis", lamentaron nun comunicado.
Neste sentido, aseguran que, ao non ser convidadas a esas reunións, "silencian e invisibilizan" a voz das mulleres galegas que traballan no sector. Aínda que aseguran "descoñecer" a responsabilidade sobre a axenda do comisario nin a selección de participantes, a confección da lista de reunións "volveu pór de manifesto o escaso interese por garantir de modo efectivo a presenza de mulleres nos foros e cumes sectoriais".
"Non podemos evitar preguntarnos se o declarado carácter feminista da nosa asociación; o comunicado emitido en relación coa dimisión do exconselleiro do Mar Alfonso Villares; a nosa demanda dunha revisión da actual Lei de Confrarías ou ser as impulsoras do Observatorio de Igualdade de Xénero do sector pesqueiro, que a Xunta se resiste a crear pesar do mandato parlamentario, poden estar detrás do que parece un veto a unha asociación que representa a 2000 mulleres que traballan no mar", recala a asociación no comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.