Así é 'Laretando', o novo podcast do Galicia Confidencial

Esta serie de programas estará destinada a falar con creadores de contido galegos

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2023 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Gustaríache coñecer mellor aos creadores de contido galegos? Agora podes saber do tipo de contidos que fan nas súas redes e da súa vida grazas a ao novo podcast que lanzamos desde o Galicia Confidencial.

Fondo do podcast Laretando
Fondo do podcast Laretando

Cada programa contará como invitado con un dos creadores máis coñecidos da actualidade para falar do seu traballo e tamén para ver se nos contan algún 'salseo' interesante. Todo en clave de humor e moi informal, sendo o principal obxectivo o entretemento.

Os podcast publicaranse cada 15 días e nas redes do GC iránse subindo pistas dos invitados, fragmentos de cada programa e unha serie de contidos exclusivos para TikTok. Asi que non o perdas, porque vai estar moi ben!

@galicia_confidencial

 

♬ sonido original - Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta