Totakeki, a creadora de contido galega, gañadora de Red Bull Draft Heretics

Entrará a formar parte do equipo de e-sports no que tamén está o coñecido streamer e youtuber galego Guanyar.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 03/05/2024 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Despois dunhas emocionantes semanas de competición, Totakeki levantou o trofeo como gañadora de Red Bull Draft Heretics, o que lle permitirá incorporarse á familia de creadores de Heretics, entre os que se atopa o streamer e youtuber galego Guanyar. Totakeki destacou na Gala Final celebrada nos Headquarters de Red Bull en Madrid entre os demais finalistas coa súa habilidade única para cautivar e entreter á audiencia. 

Totakeki
Totakeki | Fonte: Red Bull

Dende o seu lanzamento, Red Bull Draft Heretics foi unha colaboración única que procura descubrir e apoiar ao talento emerxente no ámbito dos creadores de contido. A iniciativa chegou a miles de participantes na súa primeira fase de convocatoria, dos cales 20 foron preseleccionados para a seguinte fase. Totakeki ao recibir o premio dixo: "Por fin poderei adicarme ao meu soño, a creación de contido. É incríble, aínda o estou dixerindo porque non mo esperaba, estar hoxe coronando aquí".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta