A Xunta enxalza a execución das contas en 2023 tras o informe do Consello de Contas de 2022

Di que Galicia foi "a quinta comunidade con mellor desempeño fiscal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2024 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A Xunta enxalzou o dato de execución dos orzamentos de 2024, que situou no 99,6% do gasto non financeiro, á vez que subliñou o cumprimento do obxectivo de déficit "oito décimas" por baixo da media do Estado. Unhas declaracións que chegan logo de que o Consello de Contas teñan denunciado unha "deficiente" presupuestación da Xunta en 2022 con alza de ampliacións de crédito e continxencias.

Así o destacou a interventora Xeral da Xunta, Almudena Chacón Pichel, que respondeu este venres a unha pregunta formulada pola deputada do BNG Noa Presas na Comisión 3ª de Economía e Orzamentos do Parlamento galego. Tras ser interpelada polo nivel de execución das contas o pasado ano entre críticas da deputada polo "baixo" grao que se dá en certas partidas "de forma recorrente", a responsable de Facenda asegurou que Galicia "executou a práctica totalidade" dos seus orzamentos o pasado ano.

En concreto, sinalou que as contas foron executadas nun 96,6% e asegurou que Galicia terminou o ano cun déficil de 100 millóns de euros, o que representa un 0,1% do PIB, oito décimas por baixo da media. Ademais, defendeu que Galicia foi "a quinta comunidade con mellor desempeño fiscal" e estivo entre o tres autonomías "practicamente en equilibrio".

Neste sentido, apuntou que "cada galego debe 2.240 euros menos" que a media do conxunto estatal tras un exercicio no que a Comunidade galega alcanzou un cociente débeda/PIB do 16,1%, "a máis baixa desde 2012".

O conselleiro maior de Contas, Juan Carlos Aladro, en comisión parlamentaria. PARLAMENTO
O conselleiro maior de Contas, Juan Carlos Aladro, en comisión parlamentaria. PARLAMENTO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta