"ALEA IACTA EST"

Preto dun 30% dos pais quere que a ensinanza dos seus fillos sexa só en castelán, fronte a un 20% que quere que se faga só en galego. Case o 50% aposta polas duas linguas tanto na ensinanza Primaria, na secundaria como na Formación Profesional. Estes son os datos da enquisa encargada por Educación e que deu hoxe a coñecer o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.  Gaña, pois, o ensino bilingüe tal e como resalta a propia Xunta nun comuicado de prensa. Podes ver o informe completo aquí.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/07/2009 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 53 comentarios

53 Bule bule

Por certo yous...ti non o considerarás referendum. Pero eles e os grupos que os apoian, si:

http://www.libertaddigital.com/opin...

52 Bule bule

Non me escaqueo meu rei. Estaba buscandoa, pero debín confundirme coa noticia de abaixo que aparecía a palabra impugnación. Agora non a atopo.

Non me importa recoñecer un erro. Pero se hai algo, ten por seguro que serás o primeiro en enterarte por min. Por que no gratuíto de A Coruña que les, ten por seguro que non sairá. Por certo...non pagarás por le-lo??

Pero non pasa nada. Os aprendices de dictadorzuelos de república bananeira a empregarán para xustificar case calqueira cousa cando non hai por onde collela. E xa veremos, se é ou non é, un tema de "transcendencia" e "afecta a todolos cidadáns".

51 youspinmeround

Bule bule, ti podes seguir mareando a perdir, que como segas a eskakearte e non me digas que delito se "impugnou", van pensar os lectores que mintes... E eu, tamén.

Pero se é moi sinxelo... Recapitulemos. O pasado día 2 de agosto afirmas:

"Onde foi publicado o concurso para optar a xestionar ese reconto?? Esta última, se non se fixo así, o superar o custo máximo fixado por lei, e TOTALMENTE ilegal, con responsabilidades penais".

Cousa á eu resposto:

"Se o goberno superou o límite máximo previsto na lei de Contratos, e eses 400 mil euros non corresponden á suma de partidas diversas, alcanzando así a categoría de delito presidiable, non sei que fas ou que fai a Mesa ou o BNG que tamén se opuxeron á enquisa que non vos ides a comisaría e poñedes unha denuncia. Logo tan ilegal non debe ser".

Ao que ti, xentilísimamente, respostas ese mesmo día:

"Está impugnada meu rei. O que pasa é que iso, evidentemente en “la Voz…” e nos medios da dereita que ti les, por suposto que non sae".

Pois ben, levo varios días preguntando qué delito presidiable se "impugnou", que ademais me interesa porque como leo La Voz, que está vendida ao ouro de Moscova, non me enterei da "impugnación". Ripitimos:

Qué se "impugnou" e ante quen.

50 anonimus

Así que os do 6,9%,os do benegagá consideranse heraldos de todos os galegos cando nos os galegos non lles queremos,isto recordame aquilo de,"a crónica dunha morte anunciada"

49 Bule bule

Non teño nin idea do que pasa cos socios da Mesa. E ti tampouco. O que si sei, é o que pasa no teu amado PP aínda que "non o votes". Alí non se abandona nin morto. Aínda acórdome do que pasou hai uns anos cando aquí presumían de ter máis de 110 mil militantes e chegou a dirección nacional a correxirlles dicindo que aquí non había nin 80 mil.

Que tempos os das romerías do Monte Faro, verdade Yous?? E esas entregas do carnet 100 mil, do carnet 110 mil...Por certo, xa lle gostaría a moitos pobos te-los accesos que ten ese monte.

Gustoume ese exemplo de Lacoru. Non esperaba menos, despois de 25 anos de goberno do "galeguista" Vázquez. Ou sexa que para ti, dicir A Coruña é nacionalista a secas e non galego?? Ou eles dos que aconsellan os do bloque, polos foros, que falen en castelán con puro acento de valladolid para que eles teñan a ben plantexarse falar en galego?? Permiteme que o diga. Menudo país de paletos que somos. Uns por que se avergoñan de seren galegos e outros que non actúan como tal, por que o fan persoas que non son da súa mesma corda.

Por que non montas a plataforma "Yo-no-hablo-gallego-por-que-lo-hablan-los-nacionalistas". Polo que me contas, terías moitos seguidores en "lacoru". Logo fusionádevos cos bífidos e así formaredes a megaplataforma do esperpento. Parece o argumento dunha obra de Valle-Inclán.

Como bo galego, respóndoche con outra pregunta: Ti cres que iso non foi un uso absolutamente político do topónimo?? Pero claro. Serve para zusca-los nacionalistas?? Pois está ben feito. Aínda que custara 400 mil € os coruñeses esa teima. Outro "austero".

Se lle fas caso a ese tal anonimus vas dado. Eu xa nin me molesto en contestarlle. Forma parte da paisaxe.

Que eu saiba nas eleccións que se deron, xamais apareceu o 6,90 %. Se non me cres, podes miralo. Que eu saiba o SLG, ten unha importante base refrendada nas eleccións sindicais (alí non votan os mortos). O sindicato CIG creo que nestes momentos é o 2º sindicato maís importante de Galiza con presenza en tódolos sectores. A Mesa ten 3000 membros recoñecidos. GB, a asociación cabeceira do PP e que está fixando toda a política feita ata o momento polo PP (Non se coñecen outras medidas de goberno) ten 1000 membros recoñecidos. Dime Yous, se a Mesa, con 3 veces máis asociados que GB, é un grupúsculo, que é GB?? Pois estes, teñen máis poder do que tivo a Mesa, na súa historia.

Le unha das miñas intervencións de mais arriba. O que vou dicir xa o puxen alí. O problema do bloque nestes momentos é que non é capaz de achegarse a sociedade. Base ten (case o 30 %). Algo está fallando. Teñen 2 anos para reflexionar.

“Nunca un goberno estivo en mans dun grupo que representa a tan poucas persoas”.

Pois si señor. Por que que eu saiba non fixeron outra cousa nos 4 meses que levamos. Medidas anticrise?? Que crise?? "Agora xa estamos nos, xa non hai crise"

Imaxino o conselleiro de Industria falando con empresarios para que invirtan en Galicia e estes preguntándolle se tan boa é Galicia para invertir por que as súas empresas non están aquí?? Verás que risa.

Os conselleiros de Cultura e Educación non pintan nada.

Pregunta no Xornal: "Señor Feijoó, cal é o seu criterio no tema das fusións das caixas?"

Resposta: "Eu non teño criterio sobre este tema". Así. Cun Par. Debe estar a espera de "instruccións".

A estes o galeguismo soalle que debe ser, comer empanada.