Piden a Rueda que non acuda ás touradas de Pontevedra por consieralo unha "mensaxe perigosa"

Acusan o presidente da Xunta de avalar “unha práctica violenta” con presenza institucional.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/07/2025 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

A asociación Galicia, Mellor Sen Touradas pediu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que non acuda ás corridas de touros da praza de Pontevedra ao consideralo unha "perigosa mensaxe" para os cidadáns.

Nunha Carta Aberta, os antitauristas solicitaron ao líder autonómico que non asista, lembrando que el foi un dos deputados que apoiou a reforma da Lei de Espectáculos Públicos para prohibir o acceso de menores de 12 anos a estes eventos. Con todo, sendo o máximo responsable da Xunta, acudiu nalgunhas ocasións á praza de touros, "enviando unha perigosa mensaxe á cidadanía", lamentaron.

Os abolicionistas consideran que a "inmensa maioría" dos galegos declara non asistir a este tipo de convocatorias. "A tauromaquia pervive en Galicia grazas á titularidade privada da única praza de touros en pé de toda a comunidade e ao apoio moral que formacións como o PP e Vox prestan a unhas prácticas de recoñecida violencia ás que aínda poden acceder adolescentes", sentenciaron.

Cartel da campaña '#ChegouOMomento' contra a tauromaquia.. PLATAFORMA GALICIA, MELLOR SEN TOURADAS
Cartel da campaña '#ChegouOMomento' contra a tauromaquia.. PLATAFORMA GALICIA, MELLOR SEN TOURADAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta