Este vindeiro Día das Letras Galegas estará dedicado a unha persoa próxima, entrañable e merecente: a miña veciña do Calvario, Begoña Caamaño. Sen dúbida, trátase dun recoñecemento xusto a unha vida de compromiso coa lingua e a cultura galega. Unha alegría para todo o barrio e para quen cremos no valor da palabra e da identidade.