O rapeiro arxentino conquistou ao público galego cun directo demoledor no auditorio ao aire libre máis mítico do país. Estivo acompañado sobre o escenario de Pedro Peligro, o seu pai, e KMI 420, un dos seus amigos máis próximos, que tamén fixeron de teloneiros.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, previamente á Comisión de Toponimia, a última vez que se fixo unha revisión en profundidade foi no ano 2002, así que "era o momento de que se reunisen coa RAG para avaliar as conclusións derivadas do último traballo"
O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, trasladou a necesidade "urxente e imperiosa" de restaurar este edificio, co fin de conservar o patrimonio bibliógrafico, conformado por libros, documentos e cadros, así como o arquitectónico
O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, así o sinalou ante os medios de comunicación este xoves en Vigo, onde acudiu para coñecer os terreos que albergarán a futura Biblioteca do Estado na cidade.
Organizada polo Concello de Ribadavia, e baixo a nova dirección formada por Sabela Mendoza e Gena Baamonde, a 41ª edición da mostra internacional de teatro anuncia o outorgamento do Premio de Honra 2025 ao que fora o director ata o ano pasado, Roberto Pascual. A MIT será do 18 ao 26 de xullo.
A Estratexia de Sustentabilidade Turística en Destinos instruméntase ao redor de dous plans de programas de plans de sustentabilidade turística en destinos: o programa ordinario, que se convoca cada ano, e o programa extraordinario 2021-2023.
Esta colaboración é parte do proxecto 'Corrente cultural', que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo
Polo festival pasaron grupos como Gwendal, Milladoiro, Flook ou a Kevrenn Brest Sant Mark, nunha edición "especial e histórica" pola celebración do 50 aniversario da súa fundadora, a Escola de Gaitas de Ortigueira.
O Peirao da Batería da cidade herculina converteuse este domingo nun arrecendo tropical de paixón, baile e melancolía caribeña. Máis de 10.000 persoas entregáronse á voz inconfundible do rei da salsa, Marc Anthony, que fixo tremer o corazón da urbe cun directo eléctrico e sentido. A Coruña, coma nunca, bailou salsa mirando mar.
A segunda e última xornada do festival do verán en Pontevedra combinou sensibilidade, provocación e beats imparables ante un público entregado dende a primeira actuación.
Nenas, nais, amizades de sempre e estudantes chegados doutras terras fixeron da semana de cine un plan para lembrar.
Sonia Méndez reflexiona acerca da súa primeira longametraxe de ficción, `As Neves´, nunha conversa centrada na adolescencia e nas súas contradicións.
A primeira noite do BIGSOUND 2025 converteu Pontevedra nun epicentro de emocións, con actuacións memorables de estrelas internacionais como Nicky Jam ou Ovy on the Drums e coas Tanxugueiras e Sabela poñendo acento galego a unha festa que mesturou tradición, modernidade e moita intensidade.
Víctor Antón, propietario de Gaiás Eventos, a maior promotora de orquestras de Galicia, denuncia o desleixo institucional e o colapso dun ecosistema profesional e cultural ante a proliferación de macrofestivais.
O sábado pola noite destaca a presenza de Milladoiro e o domingo pola mañá será o 'Desfile das Nacións Celtas' e o concerto do 25 aniversario de 'Mamá Cabra'.