Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/07/2025 | Actualizada ás 20:19
A curtametraxe 'Estannos matando en vida', dirixido polo actor e cineasta Rubén Riós coa Plataforma Dereito ao Tren, que denuncia os recortes de paradas do AVE na estación A Gudiña-Porta de Galicia (Ourense), superou o millón de visualizacións en 48 horas.
Riós, que tamén é presidente da plataforma cidadá Dereito ao Tren, contou coa participación de máis de 300 persoas entre profesionais do sector audiovisual e veciños do oriente da provincia ourensá.
A peza conta coa actuación de Benedicta Sánchez, gañadora do Goya a mellor actriz revelación por 'O que arde'.
A curtametraxe narra o impacto dos recortes ferroviarios na vida de persoas maiores, novas, retornados, gandeiras, músicos ou emprendedores rurais.
"Quixen mostrar como nos están desconectando aos poucos, coma se non importásemos. O tren non é un luxo, é un dereito. E sen el, o corazón do rural deixa de latexar", denuncia Rubén Riós.
Pola súa banda, a Plataforma Dereito ao Tren convoca unha manifestación para o 2 de agosto. Será xunto á antiga estación da Gudiña a partir das 18,30 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.