Tamén formarán parte desta rede de establecementos aquelas edificacións que tivesen previamente uso residencial e que estivesen legalmente establecidas antes da lei de Costas.
Durante séculos, a costa galega permaneceu sen sinalización nas súas noites máis perigosas, ata que, entre o século XIX e XX, os faros se estenderon como puntos de luz estratéxicos en lugares escarpados e solitarios.
Descubrindo Lugo recolle unha interesante proposta audiovisual sobre os elementos culturais, etnográficos, patrimoniais ou naturais desta provincia.
Catro roteiros de primavera-verán amosaran paisaxes e xacementos ocultos na Ribeira Sacra, o Courel, O Barbanza ou a costa descoñecida da Coruña.
Así calificara o arquitecto Pedro de Llano a liña de alta tensión que ía pasar polo ben. O fallo destaca a afectación a "un fito único" de elementos patrimoniais no Camiño Portugués, que "debeu ser considerado" no seu conxunto na avaliación ambiental.
Segundo informou o Ministerio de Defensa, polas primeiras investigacións, podería tratarse de restos do pecio 'Punta Restelos', un buque do século XVI identificado como o Galeón Santa María La Anunciada, que formaba parte da frota de Padilla e que se afundiu nesa zona no ano 1596.
O experto da USC lembrou que se estas pinturas murais chegaron ata os nosos días foi "porque estiveron tapadas". No momento de retirar a cal ou o retablo que ocultaba un dos murais, as pinturas envellecen e en 20-30 anos escurécense, "polo que hai que traballar sobre elas continuamente".
Juan Vidal, un dos creadores de Guía Furanchín, a guía por excelencia para coñecer os furanchos galegos, amósase moi preocupado por unha realidade que, de seguir así, suporá a extinción total dos furanchos. Trabas burocráticas, unha normativa aberta a interpretacións, presións da hostalaría, falta de relevo xeracional... Os problemas aos que se enfrontan estes locais son moi numerosos.
As cazoletas, descritas como "buracos ou concavidades realizadas mediante picado e abrasión", atópanse tanto en estelas móbiles como en estruturas arquitectónicas
A retirada destes vestixios adoita presentarse como unha medida de respecto, pero, sempre é esta a mellor opción que temos para amosar respecto aos nosos antergos? Galicia Confidencial reflexiona sobre o tema con Olalla López-Costas, antropóloga biolóxica e profesora de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Como unha pequena farmacia no corazón de Santiago pasou de fabricar medicamentos únicos a converterse nun símbolo histórico da cidade
Roberto Pena, Xefe do Servizo de Arqueoloxía da Xunta, destaca o bo estado do patrimonio galego aínda que recoñece que en Galicia hai máis de 20.000 xacementos coñecidos, "o que fai imposible vixialos todos constantemente". "Entre plantacións e actividades cotiás, moitas veces por descoñecemento, prodúcense destrucións ou afectacións ao patrimonio cultural", afirma nesta entrevista.
En marzo de 1938 a situación semellaba desesperada para o exército republicano. A ofensiva dos sublevados de Franco obrigaba a grandes retiradas no leste peninsular. Foi entón, cando o presidente da república barallou un plan que tería cambiado a historia de Vigo e de Galicia.