1 de 634 en GC TV seguinte

Universo Internet en Galicia: hai máis usuarios maiores, máis compras en liña e maior dixitalización no rural

A Contratación de Internet crece en tres anos máis dun 20% nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes. Aumenta tamén a dixitalización dos fogares galegos e o número de internautas.

Por Galicia Confidencial | | 09/09/2024 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

O 94,3% das familias galegas dispón de acceso a Internet no fogar. Entre 2020 e 2023, a porcentaxe de fogares galegos con conexión a Internet aumentou un 4,4%, mentres a media europea fíxoo no 2,3%. O aumento foi especialmente significativo nos concellos con menos de 5.000 habitantes, onde se produciu un crecemento do 20,5% neste mesmo período. 

Neno empregando un dispositivo con acceso a internet - guiainfantil.com
Neno empregando un dispositivo con acceso a internet - guiainfantil.com

A porcentaxe de usuarios de Internet nos últimos tres meses chega ao 91,5%, o que representa aumento do 2,5% en comparación co 2022. O crecemento máis significativo prodúcese no tramo de idade de entre 65 e 74 anos, no que o uso de internet increméntase un 27,5%.  Os datos corresponden ao estudo “Galicia. A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2023” elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. 

CONEXIÓN A INTERNET NOS FOGARES

En 2023 un total de 890.005 fogares galegos tiña contratada unha conexión de Internet, o que supuxo un incremento de 36.545 fogares desde 2020. Os concellos que rexistraron o maior incremento na contratación deste servizo foron os de menos de 5.000 habitantes, cunha porcentaxe de 89,7% no 2023 (un 3,7% respecto ao ano anterior), o que supuxo un total de 3.815 fogares máis con internet contratada no último ano.

Tamén se rexistrou un importante aumento na porcentaxe de fogares con conexión a Internet de máis de 100 Mbps, situándose no 32,7% en 2023 fronte ao 27,2% que rexistraba no ano 2020.

Taller sobre o uso de internet para maiores. Foto de arquivo.. CONCELLO DE FUENLABRADA - Arquivo
Taller sobre o uso de internet para maiores. Foto de arquivo.. CONCELLO DE FUENLABRADA - Arquivo

A porcentaxe de fogares con este servizo contratado nestes municipios roza o 90%, aproximándose ao 94,3% da media galega

AUMENTO NA DIXITALIZACIÓN DOS FOGARES

No 2023, o 79,1% do total de fogares galegos dispoñen de ordenador de sobremesa, portátil ou tablet. O maior crecemento  ven dado polos ordenadores portátiles, un 1,7% máis que o ano anterior, e que están presentes no 61,1% dos fogares galegos.

Ademais, o 27,8% dos fogares galegos dispoñen dalgún dispositivo electrónico intelixente o que supón un incremento relativo do 59,7% respecto ao ano anterior. Tamén aumentan nun 50% os dispositivos de seguridade con conexión a internet, nun 20,2% os altofalantes intelixentes e nun 12,6% os fogares con smart tv. 

O dispositivo electrónico máis estendido entre os galegos e galegas é o smartphone, do que dispón o 92,6% da poboación galega. O seu uso é universal nas persoas de 16 a 44 anos mentres que, entre as persoas maiores de 64 anos sitúase  no 70,3%.

O uso de internet entre as persoas de 65 a 74 anos increméntase en máis dun 27% entre 2020 e 2023

CRECEN OS INTERNAUTAS

O número de internautas aumenta 2,5% respecto ao ano anterior. O 91,5% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, o que implica un incremento de 70.070 internautas nos últimos catro anos.

A fenda dixital en función da idade está a diminuír ano tras ano, e é importante destacar un notable aumento no nivel de dixitalización entre as persoas de 65 a 74 anos, cunha porcentaxe de usuarios de internet do 65,9%.

USOS DE INTERNET

Respecto ao uso da rede en 2023, un 63,9% dos galegos e galegas realizou compras por internet,  5,3% máis que o ano anterior. Esta porcentaxe increméntase ata o 90,6% entre os mozos e mozas con idades entre os 25 e 34 anos.

No que respecta á administración electrónica, o 85,2% dos internautas  empregárona para buscar información e o 80,8% enviaron formularios cubertos ás Administracións Públicas a través da Rede, cun incremento do 3,1% respecto á edición anterior.

Ademais, respecto a outros usos de internet o estudo sinala que o 98,5% dos galegos e galegas que emprega internet usa mensaxería instantánea; o 88,6% busca información sobre bens e servizo; o 86,6% recibe ou envía correos electrónicos , o 81,7%  le noticias, xornais ou revistas en liña, un 79,6% realiza chamadas por internet ou videoconferencias; e un 78,4% emprega a banca electrónica.

Preto de 64% dos galegos e galegos merca online e máis do 78% dos internautas empregan a banca electrónica 

CIBERSEGURIDADE

O 63,1% das persoas que usaron Internet nos últimos 12 meses actualizan periodicamente automaticamente ou de xeito manual, algún dos seus produtos de seguridade. O estudo sitúa  nun o 14,4% a porcentaxe dos internautas galegos que sufriron algún incidente de ciberseguridade no último ano. Os resultados detallados do informe “Galicia: A nosa vida en dixital” poden ser consultados en osimga.gal

Compra por internet, portátil, cartón de crédito, comercio electrónico.. CPEIG
Compra por internet, portátil, cartón de crédito, comercio electrónico.. CPEIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta