Por Europa Press / Redacción | Compostela | 13/06/2025 | Actualizada ás 11:36
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, conta con que "a semana que vén" estea xa feito o plan de asistencia para o verán, tras o cal presentarao. En calquera caso, asegurou que será "moi similar" ao do ano pasado, salvo "algún matiz".
Así respondeu este venres ao ser preguntado, ao concluír un acto polo décimo aniversario do plan contra a hepatite C en Galicia, sobre este plan que o ano pasado supuxo a incorporación de MIR de último ano para pasar consulta en centros de saúde e a habilitación dunha bolsa de médicos para a PAC, entre outras medidas.
Así mesmo, como ocorre todos os anos, o Sergas prevé pechar unha porcentaxe das camas hospitalarias --un 8,3%, tres puntos menos que o verán pasado-- ante a previsible falta de facultativos durante as vacacións estivais.
O conselleiro rexeita empregar os termos "peche de camas", pero xustificou a medida como unha "organización funcional que permie manter a actividade" en función da ocupación hospitalaria que houbo durante o verán anterior. Neste contexto, Gómez Caamaño remarcou que a "dispoñibilidade" das prazas é "do cento por cento" en caso de ser necesario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.