Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2025 | Actualizada ás 13:48
O conselleiro de Sanidade, Antonio González Caamaño, confirmou este xoves que "probablemente" se pechará algún consultorio, como ocorre "todos os anos", como parte do plan de verán para a atención primaria.
En declaracións aos medios durante unha visita ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), onde se celebran unhas xornadas sobre infraestruturas sanitarias, explicou que o documento "está sen pechar" e aínda en redacción, pero que seguirá a liña de anos anteriores: "Tomándose as medidas que teñan que tomarse, sempre que se garanta a asistencia sanitaria en todos os puntos de Galicia".
Engadiu que todos os anos péchase algún consultorio, polo que "probablemente este ano haberá que facer o mesmo, pero mantendo a calidade asistencial". Tamén mostrou o seu desacordo coa expresión "peche de camas" dentro do plan de ordenación de recursos para o verán, porque "é un concepto de funcionalidade, operatividade e dispoñibilidade". O cen por cento das camas van estar a disposición dos cidadáns, máis mesmo se é necesario", recalcou.
Por outra banda, confirmou que se incorporarán médicos que estean a terminar o MIR, así como facultativos doutras bolsas de persoal sanitario ou do 061, "moi parecido ao plan que funcionou o ano pasado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.