A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña suspendeu, pola folga de xuíces e fiscais, o xuízo contra un home acusado dun delito de asasinato en grao de tentativa contra a súa nai. A folga da xuíza e da fiscal do Xulgado do Penal número 1 de Lugo provocou a suspensión do xuízo por agresión sexual contra un home que está acusado de manosear a unha muller nas bancadas do estadio Anxo Carro.