Acepta un ano de cárcere por tocar nos xenitais a unha nena de 11 anos

Aplicóuselle o eximente de anomalía ou alteración psíquica e non ingresará en prisión por ser o seu primeiro delito.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 24/06/2025 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

Un home aceptou este martes unha pena dun ano de prisión, aínda que non irá ao cárcere, por un delito de abuso sexual a unha menor de idade. Segundo os feitos que recoñeceu o acusado, todo ocorreu en 2021, cando o home tocou nos xenitais a unha nena de 11 anos, amiga da familia, aproveitando a súa relación de confianza, cando ambos estaban sós.

Neste caso tívose en conta a eximente de anomalía ou alteración psíquica, do acusado, xa que padece problemas de comprensión, así como algunhas das súas capacidades diminuídas. Nun principio pedíanselle por estes feitos un ano e oito meses de prisión, pero rebaixouse a pena a condición de que participe en programas de educación sexual, aínda que nun principio requiríase o seu internamento nun centro médico.

A familia da nena non solicitou indemnización polos feitos, pero o home deberá manterse afastado dela en réxime en liberdade vixiada por 5 anos. No mesmo xuízo, que tivo lugar en Lugo, acordouse tamén a suspensión do ano de prisión, ao ser o seu primeiro delito e ter menos de dous anos de condena, a condición de que non delinca nun prazo de dous anos.

Fachada do Xulgado do Penal número 1 de Lugo.
Fachada do Xulgado do Penal número 1 de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta