Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2025 | Actualizada ás 16:20
A xuíza do Tribunal de Instancia de Carballo, praza 3, en funcións de garda, decretou a posta en liberdade da muller acusada de provocar 11 incenidos forestais. Así o trasladaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que explicaron que a muller está investigada por incendio forestal.
Pola súa banda, o Instituto Armado informou de que a detención se produciu no marco da fase de explotación da operación Monte Fumeiro, que se iniciou a raíz do incendio ocorrido o pasado día 10 de xullo na parroquia de Entrecruces.
No transcurso da mesma, tiveron lugar outros 10 incendios forestais, nos días 31 de xullo e 5, 7, 8, 9, 11, 16, 17, 18 e 19 de agosto na mesma zona. Os incendios foron de escasa entidade debido á rápida intervención dos servizos de extinción, o que obrigou a unha vixilancia permanente da zona e a detraer efectivos doutras zonas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.