Ferrol, Lugo e Mondoñedo ampliarán a oferta de vivenda pública

Rehabilitaranse 13 edificións para crear vivendas de aluguer accesible.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 02/07/2025 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A Xunta licitou por preto de oito millóns de euros as obras de rehabilitación de 13 edificios para crear 36 vivendas destinadas ao aluguer accesible nos centros históricos de Ferrol, Lugo e Mondoñedo. Estas actuacións, segundo explicou o Executivo galego, enmárcanse no Programa Rexurbe cos que a Administración galega adquire inmobles en centros históricos para rehabilitalos con destino ao aluguer accesible.

As vivendas rehabilitadas serán cualificadas como de promoción pública, pasarán a formar parte do parque de vivendas propiedade da Xunta e serán adxudicadas en réxime de aluguer accesible recorrendo ás persoas inscritas no rexistro de demandantes de vivenda de Galicia. A licitación destes contratos divídese en catro lotes diferentes e as empresas teñen de prazo ata o 12 de agosto para a presentación de ofertas.

Dous obreiros traballan na construción dun edificio, a 6 de xullo de 2020. Marta Fernández Xara
Dous obreiros traballan na construción dun edificio, a 6 de xullo de 2020. Marta Fernández Xara | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta