Última hora.- Catro grandes incendios seguen sen control en Ourense e Lugo

O lume de Casaio segue sen ser controlado máis dunha semana despois de iniciarse. O da Pobra do Brollón xa queimou case 1.000 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2025 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Galicia mantén activos catro incendios forestais, dous deles na provincia de Ourense e outros tantos na de Lugo, sendo o de maior entidade o rexistrado en Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.

Así se desprende da última información trasladada pola Consellería do Medio Rural, que recolle que a superficie queimada no incendio da Pobra do Brollón, na parroquia de Abrence, onde se mantén activa a Situación 2, alcanza xa as 900 hectáreas. Tamén na provincia de Lugo permanece activo o incendio declarado na Fonsagrada, na parroquia de San Pedro de Río, que afecta a 40 hectáreas.

En canto á provincia de Ourense seguen activos de lume de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio, que comezou o luns, día 18, e entrou a Galicia desde Castela e León, calcina 5.000 hectáreas. O incendio de Avión, na parroquia de Nieva, que se iniciou na tarde deste pasado domingo, afecta a un total de 250 hectáreas, segundo as últimas estimacións.

ESTABILIZADOS E CONTROLADOS

Doutro xeito, permanecen estabilizados os incendios de Chandrexa de Queixa e Vilariño (19.000 hectáreas); o de Larouco, parroquia de Seadur (30.000 hectáreas); o de Oímbra e Xinzo de Limia (17.000 hectáreas); o da Mezquita, parroquia da Esculqueira (10.000 hectáreas); e o de Carballeda de Avia e Beade (4.000 hectáreas).

Así mesmo, mantéñense controlados os lumes de Maceda (3.500 hectáreas); Montederramo, parroquia de Paredes (120 hectáreas); Carballedo, parroquia da Cova (100 hectáreas); o de Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos (900 hectáreas).

Veciños ven o avance do lume na Pobra de Brollón
Veciños ven o avance do lume na Pobra de Brollón | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta