Investigadores advirten da necesidade de coidados para as turbeiras do Larouco e outros humidais. Subliñan en Baltar o papel das turbeiras como sumidoiros de carbono e a súa función de depuradoras naturais das augas nos sistemas hídricos.
  comenta   0
Os días 20 de xuño, 18 de xullo e 22 de agosto a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras organiza actuacións de ilusionismo, música e danza en diferentes covas de adegas asociadas á entidade para poñer en valor este 'patrimonio único en Galicia'.
  comenta   0
Dende o Galicia Confidencial, aproveitando a recente publicación dos datos de natalidade e mortalidade oficiais do 2023 en cada concello galego, analizamos o duro futuro ao que se enfrontan os concellos de menos de 500 veciños.
  comenta   0
Os tres concellos que máis habitantes perderon entre os anos 2012 e 2018 foron Calvos de Randín, Avión e Padrenda, con perdas de 385, 294 e 630 veciños, respectivamente.
  comenta   0
Quen dixo que no rural galego non había oportunidades? Pois habelas hainas, como adoita dicirse, e ben boas, especialmente para os mozos. Dende o Galicia Confidencial sondeamos algunhas no que a vivenda baratiña se refire.
  comenta   0
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
O PP sumou apoios en 3 dos 18 concellos máis avellentados, mentres que noutros 15 perdeunos. Pero o PSdeG perdeu unha gran porcentaxe de votos en todos estes pequenos municipios, que marcharon directamente ao BNG. En 10 destes municipios Democracia Ourensana foi a cuarta forza.
  comenta   0
O ata hai pouco director da Axencia Turismo de Galicia, integrante da lista do PP pola provincia de Ourense ás eleccións ao Parlamento de Galicia e natural de Valdeorras, visitou Larouco e fixo un pequeno tramo do Camiño de Inverno.
  comenta   0