A Real Academia Galega (RAG) instou a elaborar un plan de ordenación que sirva non só para combater os incendios, senón o feito de que Galicia é unha das rexións europeas que máis sofre o fenómeno do despoboamento no medio rural.
  comenta   0
Joaquín Jiménez, ex capataz da brigada forestal (BRIF) de Laza, lembra a dureza dunha vida entre pavesas, golpes de calor e noites sen conciliar o sono. Detrás das cifras e das notas de prensa sobre os incendios están centos de vidas humanas que tratan de salvar os nosos montes cada ano.
  comenta   0
Reitera que se decidirá sobre a moratoria de eucalipto antes de fin de ano atendendo a "todas as circunstancias", pero sen "condicionantes políticos".
  comenta   0
O alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, relata mentres nos leva a percorrer os montes co concello arrasados polos lumes de agosto, como os veciños tiveron que coller as mangueiras e os tractores para defender as súas aldeas fronte ás lapas. "Estabamos indefensos, sós, sen medios, sen organización nin coordinación", denuncia.
  comenta   0
O conselleiro asegura que xa pasaron quince días sen que se entregasen os equipos necesarios para os traballos posteriores aos lumes.
  comenta   0
A diferenza doutras catástrofes rexistradas nos últimos anos (pandemia da COVID e inundacións na Comunidade Valenciana), no caso dos incendios que tiveron lugar nunha parte do territorio galego e noutros lugares do occidente peninsular existe unha ampla base de experiencia práctica acumulada en varias décadas, ademais dunha importante literatura científica (análises e diagnósticos realizados por distintos especialistas) e político-institucional (conclusións e resolucións adoptadas polos Parlamentos que promoveron comisións de investigación e/ou estudo a respecto das crises incendiarias).
  comenta   0
A onda de incendios que arrasou Galicia no mes de agosto, con principal afectación á provincia de Ourense, calcinou 112.600 hectáreas, segundo datos da Xunta. Con todo, as últimas actualizacións de Copernicus elevan a superficie afectada polas chamas a case 144.000.
  comenta   0
A líder nacionalista acusa a Rueda de minimizar o impacto dos lumes e denuncia a súa falta de autocrítica.
  comenta   0
Con todo, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, tras reivindicar as "melloras" acometidas "de 2009 en diante", desde que o PP volveu á Xunta, mostrouse aberta a acometer cambios de protocolos se é preciso e a traballar para reforzar medios.
  comenta   0
A Xunta di que axilizará as subvencións e critica que non saiba nada dos medios prometidos polo Goberno central para a restauración logo dos lumes.
  comenta   0
Catro integrantes deste corpo de bombeiros foron entrevistados por David Broncano para lembrar as extremas dificultades que viviron cos incendios na zona accidental de Ourense este verán.
  comenta   0
Jorge Mazaira, técnico da DO Valdeorras, relata a Galicia Confidencial como as viñas actuaron de cortalumes durante os incendios de agosto, aínda que iso pode comprometer para algúns viticultores a vendima deste ano, "con perdas de ata 30 hectáreas, o que se traduce nuns 300.000 ou 400.000 quilos de uva".
  comenta   0
Membros do PP, PSOE, Vox, BNG e outros grupos cruzaron acusacións sobre prevención, coordinación e responsabilidade autonómica e estatal.
  comenta   0
O presidente da Xunta insiste en que a condonación non beneficia a Galicia e lembra que o aforro de intereses non pode destinarse a máis gasto.
  comenta   0
En ambos os casos, non se prevé que queden extinguidos de forma inmediata, aínda que todo depende das condicións meteorolóxicas, segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural.
  comenta   0
Rueda fixa en 120.000 as hectáreas queimadas, cun 69 % de monte raso: "Isto non é minimizar nada, é dicir a verdade". A última actualización do satélite europeo Copernicus eleva a case 144.000 as hectáreas queimadas en Galicia nos últimos lumes.
  comenta   2
Raúl Prada Luengo, membro da 4ª xeración de viticultores de Adegas Valdesil, relata como os lumes marcaron e a onda de calor de agosto marcaron unha das vendimas máis temperás da historia e reduciron as previsións de produción dalgúns dos seus provedores.
  comenta   0
Sen dar unha superficie "definitiva" queimada, cre que hai quen busca "rédito político" en "dar a entender que cantas máis hectáreas, mellor".
  comenta   0
Este verán no noso monte foi, literalmente, negro. Aldeas calcinadas, grandes masas forestais destruídas e lugares de moito valor ecolóxico que xa non existen, ademais de danos persoais e enormes perdas, con vidas moi afectadas. Nestas liñas falo do carácter estrutural do lume no noso monte, cun modelo de silvicultura que ten pouco de sostible e moito de visión no curto prazo. Teremos a determinación para cambialo? Conseguiremos ilusionar á nosa sociedade para facelo?
  comenta   0
Afirma que houbo "un punto de inflexión" na coordinación cando as CCAA do PP pediron en "unha franxa horaria moi limitada do mesmo día" medios de iguais características.
  comenta   0
O líder popular esixiu dimisións pola xestión do bipartito na catastrófica vaga de incendios de 2006, que cualificou como "o Prestige" do Goberno de Touriño. Hoxe, desde a Xunta e Madrid, Rueda e Feijóo negáronse a asumir responsabilidades pola peor vaga de lumes dende 1989 e centran as críticas no Goberno central.
  comenta   1
Expertos forestais poñen sobre a mesa sete eixos de traballo "craves" para facer fronte aos incendios en España, entre eles a xestión dos montes, a planificación territorial, a creación de comunidades rurais vivas, aproveitar o uso e a ecoloxía do lume, incidir na educación e formación, mellorar a capacidade de resposta e analizar escenarios futuros.
  comenta   0
Despois de coñecer o número de hectáreas arrasadas polo lume este ano, e de ver ós presidentes das comunidades afectadas culpando ó goberno central do asunto, lembro a pouca memoria que temos; pois os incendios no monte veñen de moi vello. Non é un asunto de hoxe.
  comenta   0
En Galicia, cada chama ten unha historia: intereses económicos, vinganzas persoais ou trastornos mentais detrás dun verán que xa arrasou milleiros de hectáreas en Ourense e máis alá. Esta reportaxe afonda nas leis, as penas e os perfís de quen converten o monte nun campo de batalla.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, criticou así unhas declaracións do titular da Xunta nas que, ao seu xuízo, "quitaba importancia" aos efectos dos lumes ao asegurar que calcinaran, na súa maior parte, "unicamente monte baixo e pedras".
  comenta   0
As imaxes mostran pobos, vivendas e espazos naturais arrasados en Ourense, León e Zamora, cunha superficie queimada catro veces superior á media histórica.
  comenta   0
Cada verán, Galicia convértese nun escenario de lume e cinza. Máis do 95 % dos incendios teñen orixe humana, pero detrás das lapas agochanse motivacións diversas: dende o uso “funcional” do lume como ferramenta, ata a adicción do pirómano ou a vinganza persoal.
  comenta   0
Besteiro acusa a Xunta de abandono de montes e falta de medios, denunciando unha xestión “negacionista e neglixente” que deixou o rural desprotexido.
  comenta   0
O presidente da Xunta insiste en que o urxente é atender aos afectados polos lumes antes de centrarse no pacto polo cambio climático proposto polo Goberno central.
  comenta   0
Buscan conservar o medio ambiente a través do apoio á gandaría extensiva e actuar como barreira contra os incendios forestais.
No Retablo das Maravillas, de Cervantes, un pícaro, Chanfalla, levaba polos pobos de Castela unha saba branca onde se vían todas as marabillas do mundo. As xentes de orde facían como que vían, alí onde non había nada. Cos lumes acontece precisamente ao revés. Estamos diante de realidades simuladas, de incendios negados por alcaldesas miopes, de grandes fogos en Teixadais que non existen, non recoñecidos por esa mesma Xunta que non acredita en castros comestos polas louseiras de Casaio.
  comenta   0
O organismo estatal pide coordinación coa Xunta para evitar que as cinzas cheguen ás canles coa chegada das choivas.
  comenta   0
Larouco, Oímbra e Chandrexa quedaron completamente apagados, poñendo fin á destrución de máis de 75.000 hectáreas.
  comenta   0
A bombeira Noelia García reivindica o papel das mulleres nos operativos contra os grandes incendios en Galicia.
  comenta   0