Por Europa Press / Redacción | LUGO | 13/06/2025 | Actualizada ás 17:10
Un home de Mondoñedo foi detido esta semana polo Grupo de Delincuencia Económica e Tecnolóxica da Comisaría da Policía Nacional de Lugo acusado de tenencia e distribución de pornografía infantil.
Segundo as primeiras estimacións, o home estaba en poder de máis de 8.000 arquivos de contido pedófilo, pero a investigación segue en marcha, xa que se está terminado a análise dos dispositivos electrónicos comisados.
O home, que pasou este venres a disposición xudicial, no Xulgado de Instrución nº1 de Mondoñedo, foi posto en liberdade, aínda que a xuíza impúxolle a obrigación de comparecer no xulgado cada 15 días, ademais de retirarlle o pasaporte e prohibirlle a saída do territorio nacional. O home investigado foi localizado no marco dunha operación da Policía Nacional orixinada en Madrid.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.