A discriminación cara persoas con VIH continúa anos despois de que os antirretrovirais reducisen as posibilidades de transmisión. O paradoxo é que os coñecementos sobre o virus parecen ir decaendo, sobre todo en xente moi nova. Prácticas sexuais de risco, unha “formación” sexual baseada na pornografía e unha actitude de relaxación na sociedade poderían levar a un aumento de casos.
  comenta   1
Luisa Feijoo é concelleira de Igualdade no Concello de Ames. O pasado 1 de decembro celebráronse as XII Xornadas "Achégate á Igualdade". Con este evento búscase concienciar sobre a violencia machista e tamén como a sexualidade dos e das adolescentes está cada vez máis influída pola Rede. Ademais destas xornadas, Ames ofrece talleres de educación afectivo-sexual e boas maneiras de cara a prevención da violencia de xénero.
  comenta   0
A Fiscalía pedía sete anos de prisión e catro anos de liberdade vixiada sen contacto regular e directo con menores. Con todo, chegou a un acordo coa defensa do home para unha rebaixa da pena.
  comenta   0
As expertas en xénero Chis Oliveira e Priscila Retamozo poñen o foco na necesidade dunha educación sexual de calidade nas escolas.
  comenta   1
O xuíz que instrúe o caso volveu desestimar a denuncia por considerar que non houbo delito en gravar mulleres ouriñando para logo subilas a páxinas pornográficas.
O maxistrado considera que as mozas estaban "nun lugar público no que podían ser vistas por calquera persoa que por alí transitase"; Bumei recorrerá un auto que crea "un grave precedente".
É un dos tres investigados por unha trama na que ata o momento foron localizadas catro vítimas en Euskadi, de entre 12 e 15 anos. A operación aínda está aberta
  comenta   0
A Policía Nacional lembrou o risco que supón para a mocidade realizar calquera tipo de acto con contido sexual fronte aos seus computadores ou teléfonos móbiles.
  comenta   0
O perfil de quen consume prostitución non ten patrón fixo. O mesmo ocorre coa persoa que exerce de proxeneta. A sorpresa é ver que xente nova usa este mundo para iniciarse no sexo, mesmo para darlle saída a ideas e conceitos sobre o sexo que figuran no imaxinario da pornografía en Internet.
  comenta   3
Rosa Cobo, teórica feminista e socióloga, debulla o nesgo de clase e o nesgo de xénero que alberga nesta pandemia de coronavirus. Conta que se sabemos xogar ben as cartas, este é un espazo de posibilidades para abrir un novo mundo. "Como non colocar o feminismo no centro deste momento histórico?".
  comenta   1
O excesivo consumo de pornografía entre xente moza desde idades moi temperás está cambiando patróns de conducta entre os máis novos. Doutra parte, os e as especialistas en adiccións alertan dos riscos de iniciarse na sexualidade a través do "filtro" do porno. Instaurar a educación afectivo-sexual nas escolas e institutos, podería axudar a frear esta tendencia e mellorar a calidade das relacións.
  comenta   5