Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 14/06/2025 | Actualizada ás 10:52
Dúas persoas resultaron feridas, unha delas grave, tras un accidente entre un turismo e un camión na AG-53, que estivo cortada durante a mañá deste sábado, ao seu paso polo municipio ourensán de Punxín. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 04.30 horas deste sábado e foi un particular o que alertou de que había un camión envorcado e un turismo con danos no quilómetro 81 da devandita vía.
Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros do Carballiño e a Garda Civil de Tráfico. Unha vez no punto, os bombeiros tiveron que excarcerar ao condutor do camión, que resultou ferido leve. Pola súa banda, o condutor do turismo resultou ferido grave e tivo que ser rescatado ao saír despedido tras o accidente. A circulación na AG-53 estivo cortada ata que se retirou o tráiler do camión, que quedou atravesado na vía. Reabriu ás 13.45 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.