O BNG de Burela non participará na visita dos Reis: "Non seremos cómplices dun acto para lavar a imaxe da Coroa"
"Non imos participar nun acto que pretende disfrazar cunha foto a absoluta falta de políticas útiles para a nosa pesca. A monarquía non representa os intereses da xente do mar, nin trae investimentos nin solucións", afirmou o portavoz do BNG en Burela e tenente de alcaldesa do Concello, Mario Pillado.
Por Europa Press / Redacción | LUGO | 14/06/2025 | Actualizada ás 15:03