OPINIÓN.- A Nosa Mourindade

Por Xurxo Ayán. O colectivo musulmán reclama o uso do cementerio moro d’A Coruña (Galicia confidencial, 25 de marzo de 2009). Noticias coma esta insírense (colateralmente) no recente proceso de restitución patrimonial ás minorías étnicas (non só relixiosas) que se está a dar en todo o mundo, fenómeno chantado en sólidos códigos éticos de uso común na Arqueoloxía internacional; velaí están as devolucións de esqueletos indios da Smithsonian Institution ás comunidades de orixe, as reivindicacións dos aborixes australianos (para unha versión edulcorada e kitch do tema véxase o filme Australia) ou o estrambótico caso do negro de Banyoles. En Galicia estamos lonxe desta sensibilidade relativista cultural, sobre todo se temos en conta que aínda hai pouco nun acto público de carácter institucional un historiador referiuse sen problema á derrota de los moros en Clavijo (sic)...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 03/04/2009

Comparte esta noticia

None

Na nosa opinión, dous fenómenos históricos de carácter bélico explican ese troco: as guerras de Marrocos e a guerra civil. Como me comenta Leonardo González, na primeira publicación periódica en galego, O vello d’o Pico Sacro (1860) xa se equiparan os mouros das lendas da montaña sagrada cos moros de Marrocos que loitaban daquela contra o Exército isabelino de O’Donnell, Prim e demáis próceres da Patria. Esta asociación non fai máis que confirmarse para moitos galegos mobilizados na década de 1920 a Marrocos. Mentres Rafael Dieste, Otero Espasandín ou Brea Segade escriben unha folla volandeira en galego en plena campaña bélica, outros labregos constatan que as trincheiras e parapetos que inzan o conflicto son as mesmas estruturas que definen os castros de país: o castro era a defensa que tiñan os moros como decote se escoita dicir aos paisanos. Esta paulatina relación entre os mouros galegos e os moros marroquinos vai ser recolleita de cheo polo realismo máxico dun home namorado dos tesouros, Alvaro Cunqueiro, e incorporada tamén polo mellor Cela nas súas novelas de ambientación galaica.

Este pequeno troco na percepción (esta ecuación mouros = moros definida non polas matemáticas senón pola da Historia das mentalidades) axigántase coa chegada dos moros a Galicia para participaren na conquista da fronte N na guerra civil. O arqueólogo David González vén de reivindicar unha etnoarqueoloxía da paisanaxe tradicional como fonte de información para a Arqueoloxía en Asturias; no seu estudo recolle unha foto histórica de veciños do pobo de Salas pousando con moros dos corpos de Regulares do Exército golpista en 1936. A convivencia con estas unidades militares de moitos galegos e asturianos durante a guerra civil non vai deixar lugar a ningunha dúbida sobre o seu carácter guerreiro, indómito e belicista. Increméntase así a dicotomía entre a raza dos mouros/moros e os labregos no discurso histórico esencialista do campesiñado galego. Iso si que é un feito diferencial.

Hai poucos anos un compañeiro meu procuraba xacementos arqueolóxicos nunha aldea perdida da montaña luguesa, preguntando por sitios onde houbese mouros. Unha vella encantada ou encantadora contestoulle mentres fiaba na roca: ¡Ai filliño, os mouros sómosche nós!

Nós-outros.

Xurxo Ayán é arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).http://neixon.blogspot.com/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA