Xogarse a pel por facer folga en Galicia

Traballadores recompilan na Rede como certas empresas, incluídas os maiores empregadores do país, intimidan e ameazan aos que secunden a folga do 29M. Lista das 30 empresas denunciadas no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 21/03/2012 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A rede comeza a mobilizarse de cara a folga social convocada pola práctica totalidade de sindicatos para o próximo 29M. Unha das iniciativas cidadáns a nivel estatal, denominada  29M Sin miedo, pasa por denunciar aquelas compañías que presuntamente violan o dereito de folga, por exemplo, ameazando con despedimentos aos que secunden a convocatoria.

None

En Galicia os activistas sociais denunciaron polo de agora 30 compañías:

  • Na Coruña Inditex, Jealsa, Galipack Express, José Mari Maquinaria Galicia, Aluminios Cortizo, Cándido Hermida, Cerámica Campo e Industrias Losán, .
  • En Pontevedra, PSA Citroën Bosch, Viñas Publicidad, Sociedad de Servicios Cantodarea, Niso Rodríguez, Anta de Moura, Zemsania, Wanted Selection, Occidental Servicios Informáticos, Landín, Corposider, Fomento Profesional e Yatesport.
  • En Ourense Coren, Orember, Supermercados Gadis, Geriatros, Atconl e Ibernisha.
  • En Lugo Star Center.

Ningunha das compañías citadas publicou polo de agora a súa versión.

Ameazas máis ou menos veladas en firmas grandes: Citroen, Inditex, Gadis, etc.

O grao das presuntas represalias é moi variábel. Por exemplo, no caso do xigante do téxtil Inditex (Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, etc.) as presuntas intimidacións pasan por "tomar nota de quen secuende a folga", da actividade dos piquetes informativos e de vixilar o paro nas subcontratas.

None

A fábrica de Citroën en Vigo é sempre un dos grandes obxectivos dos piquetes. As denuncian pasan porque "algúns empregados fixos que apoiaron outras folgas foron cambiados a un posto peor", estes quedan sen suba de salario e os eventuais que van a folga non son renovados. Neste mes a empresa automobilística xa preguntou quen secundaría a mobilización.

Noutra compañía con moitos empregados, Supermercados Gadis, hai "reunións do empresario co cadro de persoal para intimidar".

Pouco sutís son tamén as presuntas ameazas en Greriatros, empresa privada que leva moitos centros públicos para maiores, onde os traballadores recibiron cartas, segundo os denunciantes, lembrándolles que teñen pendente de renovar o contrato despois do 29M.

Vixiantes privados para intimidar aos traballadores

Máis grave é o caso de Aluminios Cortizo, onde os asalariados denuncian, ademais de quendas de até 16 horas de traballo, "ameazas verbais para cumprirnos a nosa xornada" e que "coloca vixiantes ao longo da estrada todo o día diante da fábrica, o que secunda a folga ese día vai para a casa".

En Bosch de Vigo "están ameazadas que se fallan ao traballo o 29M van ser sancionadas". En Hiperxel, tamén da capital olívica, os proletarios denuncian intimidacións e que aos eventuais non se lle renova o seu contrato se exercen o seu dereito ao paro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

28 Roxelio

No listado que aporta o xornalista hai, cando menos, unha empresa que non ten nengún traballador, daquela, que valor ten como información?. O que asina a noticia debe saber que o contraste da información é fundamental no mundo do periodismo, e se non o sabe, por qué é?, acaso hai outra intencionalidade, ou é que calquera pode exercer de periodista. No listado de referencia, o de 29M SIN MIEDO, figura tamén a CGT de Vigo, CCOO, etc.

27 eusi

Se queres denunciar as presións dos salvadores da pátria para que os lacazáns dos traballadores non vaian á folga, faino aqui: http://forga.info/web/folgaxeral29m

26 eusi

- Os negreiros que tiña por capataces obrigaron a un recén contratado a entrar nunha máquina para desencarquillar o funcionamento e foi tronzado literalmente, agora está paralítico... E podería seguir con centos máis de historias deste carniceiro que lle chaman empresario.

25 eusi

- Aos traballadores que despedia sen haber crise nin diminución de vendas na empresa eran botados sen a liquidación. E aos que se atrevian a reclama-la poñíalle matóns para perseguilos. Un, coa raiva, mesmo subiu enriba do coche do Cortizo e saltoulle enriba como vinganza. - Os inspectores da Xunta-Fraga que facian as medicions de salubridade do aire na fundición poñían os medidores fóra da nave e a continuación pasaban pola oficina a recibir o visto e prace da xerencia, acabando cun sobre na man. - As decantacións dos ácidos da fundición eran botados en covas abertas na terra sen mais miramentos. Agora a incidencia de cancros e enfermidades "sen orixe coñecida" propángase pola zona como a pólvora. (e segue)

24 eusi

Eu podo continuar coa galeria dos horrores de Cortizo Company Inc: (Continúo no seguinte, máis arriba)