Xogarse a pel por facer folga en Galicia

Traballadores recompilan na Rede como certas empresas, incluídas os maiores empregadores do país, intimidan e ameazan aos que secunden a folga do 29M. Lista das 30 empresas denunciadas no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 21/03/2012 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A rede comeza a mobilizarse de cara a folga social convocada pola práctica totalidade de sindicatos para o próximo 29M. Unha das iniciativas cidadáns a nivel estatal, denominada  29M Sin miedo, pasa por denunciar aquelas compañías que presuntamente violan o dereito de folga, por exemplo, ameazando con despedimentos aos que secunden a convocatoria.

None

En Galicia os activistas sociais denunciaron polo de agora 30 compañías:

  • Na Coruña Inditex, Jealsa, Galipack Express, José Mari Maquinaria Galicia, Aluminios Cortizo, Cándido Hermida, Cerámica Campo e Industrias Losán, .
  • En Pontevedra, PSA Citroën Bosch, Viñas Publicidad, Sociedad de Servicios Cantodarea, Niso Rodríguez, Anta de Moura, Zemsania, Wanted Selection, Occidental Servicios Informáticos, Landín, Corposider, Fomento Profesional e Yatesport.
  • En Ourense Coren, Orember, Supermercados Gadis, Geriatros, Atconl e Ibernisha.
  • En Lugo Star Center.

Ningunha das compañías citadas publicou polo de agora a súa versión.

Ameazas máis ou menos veladas en firmas grandes: Citroen, Inditex, Gadis, etc.

O grao das presuntas represalias é moi variábel. Por exemplo, no caso do xigante do téxtil Inditex (Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, etc.) as presuntas intimidacións pasan por "tomar nota de quen secuende a folga", da actividade dos piquetes informativos e de vixilar o paro nas subcontratas.

None

A fábrica de Citroën en Vigo é sempre un dos grandes obxectivos dos piquetes. As denuncian pasan porque "algúns empregados fixos que apoiaron outras folgas foron cambiados a un posto peor", estes quedan sen suba de salario e os eventuais que van a folga non son renovados. Neste mes a empresa automobilística xa preguntou quen secundaría a mobilización.

Noutra compañía con moitos empregados, Supermercados Gadis, hai "reunións do empresario co cadro de persoal para intimidar".

Pouco sutís son tamén as presuntas ameazas en Greriatros, empresa privada que leva moitos centros públicos para maiores, onde os traballadores recibiron cartas, segundo os denunciantes, lembrándolles que teñen pendente de renovar o contrato despois do 29M.

Vixiantes privados para intimidar aos traballadores

Máis grave é o caso de Aluminios Cortizo, onde os asalariados denuncian, ademais de quendas de até 16 horas de traballo, "ameazas verbais para cumprirnos a nosa xornada" e que "coloca vixiantes ao longo da estrada todo o día diante da fábrica, o que secunda a folga ese día vai para a casa".

En Bosch de Vigo "están ameazadas que se fallan ao traballo o 29M van ser sancionadas". En Hiperxel, tamén da capital olívica, os proletarios denuncian intimidacións e que aos eventuais non se lle renova o seu contrato se exercen o seu dereito ao paro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

13 Folguista 2

Soy trabajadora de Método Consultores. Esta "iniciativa" 29M Sin Miedo me da la impresión que solo se ha dedicado a sacar una lista de empresa con ciertos comentarios dañinos y que en ningún momento se han contrastado. El día 29 ejerceré mi derecho a huelga y en ningún momento la empresa nos ha intimidado ni a mi ni a ninguno de mis compañeros.

1 eusi

Outra vaca no milho! En que parte da notícia se cita a Metodo Consultores? Ou querem propaganda barata?

2 Folguista

Creo que unha de duas, ou non sabes ler ou chegaches tarde. Método Consultores estaba na lista. A quen lle saliu mal a xogada é ao cobizoso que o puxo. Non se pode poñer novas sin confirmar se se quere ser un xornal serio.

12 Artús

Facia ben falla un Stalin, que lles metera os explotadores burgueses e os seus eunucos esquirois, a cabeza nun cubo de lixo todo o santo día.

1 Ismael

La Rusia comunista el paraiso del proletariado,di que si!

2 sutra

Que danino es paspam !!!

3 Artús

Deixade de ver Interlobotomia, que asi debedes ter os miolos. Calquer día se os caen en anacos de pochos. Entrade aquí e enteradevos do que é o comunismo, paifocas, www. orgullo de la clase obrera.com

4 Ismael

Hechos son amores y no buenas razones, o como decia un amigo mio resultados: Alemania del este con su muro para que los capitalistas no pudieran entrar en el paraiso comunista,Corea del Norte mas de lo mismo,tu querida URSS.Es que estamos lobotomizados.

5 Artús

Qué deixes de ver Interlobotomia e similares ou películas, pinpin. Na Alemania do leste a meirande parte da poboación arela os tempos do socialismo según as enquisas, e votan por Die Linke un partido marxista. Vós repetides coma papagaios o que vos meten nos miolos. Eu estiven na Polonia comunista e logo volvin. Cando fun a 1º vez, a xente estaba feliz, todos tiñan traballo e vivenda, non había probeza nin delincuencia. Cando volvin a estrada de Frankfurt Oder Main ate Varsovia estaba ateigada de prostitutas. A xente viva nas mesmas casas da época comunista e tiñan as mesmas estradas pero sin ter mantenimiento. En Varsovia vin xente pedido esmolas nas rúas e me decian que tivera coidade de ir a certos bairros pola mafia e a delincuencia. Vin a xente moito mais infeliz, pero con Mc Donald´s e centros cpomerciais.

6 Ismael

Vivo en Polonia pinpin. Partido comunista menos de un 5% de votos. Los dos partidos mayoritarios un democristiano y un liberal. Hechos son amores.Perdon, me olvidaba que lo de la democracia lo llevais mal.

7 Artús

Polonia é un feudo católico, ignorante e supersticioso onde a xente enche as igrexas. Un país que agora empeza a recesión e está a ponto de sofrir o fin dunha burbulla inmobiliaria. Seus miticos astaleiros de Gdansk están agora pechados. Cede van ter que rezar a San Wojtila (patrón dos axentes da CIA) A San Walesa (patrón dos soldadores multimillonarios) e a Virxe negra de Cracovia (que coido que é tia de Obama). En Bielorrusia, Moldavia ou Letonia os comunistas ou neo comunistas son os mais votados. En outros coma Rusia gañaron varias eleccións, que lles escamotearon.

8 Artús

Por certo se viviras en Polonia, me dirías que a cibdade alemán que está na fronteira´, en Brandemburgo, non é Frankfurt der Main, senon Frankfun der Oder, chamadas asi polo rio que pasa por elas e pra diferenciar unhas de outras. Falariasme da actual burocracia, legado da antiga (hai que recoñecer erros igual que acertos). O uneco que foras estudante, porque os unecos traballadores de aqui son enxeñeiros. Pero para acadar un traballo en Polonia tes que falar polaco, un dos idiomais mais dificiles xunto co ruso.

9 Ismael

Polonia Pais ignorante. Tu te defines. En Cuanto a la burocracia la primera palabra que aprendí fue pieczonka.Burr o listillo.

10 Ismael

Por cierto,Los astilleros de Gdansk no están cerrados. Y en cuanto a los otros personajes La virgen negra es de Chestohova, y es un lugar de peregrinación para los polacos como Santiago para los españoles, mucha bilis noto en tus palabras hacia los otros personajes que liberaron Polonia de la opresión comunista(opresión si, ni comunistas ni socialistas sacan mas de un 15% de los votos).

11 Ismael

Por cierto,Los astilleros de Gdansk no están cerrados. Y en cuanto a los otros personajes La virgen negra es de Chestohova, y es un lugar de peregrinación para los polacos como Santiago para los españoles, mucha bilis noto en tus palabras hacia los otros personajes que liberaron Polonia de la opresión comunista(opresión si, ni comunistas ni socialistas sacan mas de un 15% de los votos).

12 Artús

Os asteleiros de Gdansk funcionan hoxe cun só dique, o que fai que practicamente esté paralizado. No 2009 unha protesta dos traballadores polo cese de actividades, saldouse con 17 feridos. Polonia é hoxe un país de mafias e corruptos, onde é imposible montar un negocio ós alleos, porque te estafan polo terreo, trocan ou vencen axiña os permisos para que teñas que vendelos por 10 veces menos co que os mercaches. Un país de ignorantes que creen que a Eurocopa vai traerlles prosperidade. Un país de mala comida, toda augada e cocida, onde non saben apreciar o bó, nin o comunismo nin un bó xamón. Eso si, as mulleres moi belas, pero mandonas. O cú do mundo...

13 Artús

Un país que construe estadios de fútbol, e ten infraestructuras abandoadas (7 horas de condución, os 300 kilometros que a unen con Alemania) Eu as primeiras palavras que aprendin foron chujek, kutas, sukisyn.

14 Ismael

Lo que dices de las mafias es simplemente mentira.Los tramites son extremadamente lentos debido a la estructura extremadamente burocrátizada heredada del comunismo.En cuanto a la carretera que los une con Alemania todo depende si vas por el norte o el sur. La A4 une Cracovia con Berlín y es todo autovia. En el norte están haciendo la autovia que une Varsovia losa poznan con Alemania. Y por cierto, el paro en Polonia es un tercio de español y los salarios medios ya han igualado a Portugal. No esta mal para unos ignorantes.

15 Ismael

En cuanto al culo del mundo del que hablas, mira un mapa de Europa, mira Galicia y mira Polonia y luego piensa cual es el culo del mundo, o el finisterrae.Si prefieres mira en google mapa distancias de Galicia a cualquier capital europea y mira Polonia.

11 Folguista

Son unha traballadora de Método Consultores e vou a exercer o meu dereito de ir á folga do día 29. En ningún momento a empresa me coaccionou, e non teño novas de que llo fixeran a ningún compañeiro/a, no senso de asistir ou non ao meu posto de traballo. Polo isto digo que as informacións que se amosan non son certas.

1 metodico

Eu tamén son traballador en Método e tamén vou secunda-la folga. en ningún momento se nos coaccionou

2 seter coruñés

Pois eu non traballo e estou orgulloso de formar parte do piquete que ides ter na porta de MC, por esquirois e bocazas.

10 Cholo

Hai que sumar a FRINSA en Ribeira

9 Noxo

Xogarse a pel por ir traballar o día 29. O PP prometeu facer esta merdenta reforma laboral si gañaba as eleccións. E as gañou. Nom é con greves (cando hai un 25% de paro) coma se vai a solucionar o problema. Eu coma parado non secundo a greva de liberados sindicais. Que bós den

1 nom home nom

Nom é assim meu, passa deles , luita por ti e polos teus.

2 Lubre

O contertulio Noxo ten toda a razón. O problema soluciónase ficando na casa ou tomando uns grolos no bar, mentres se critica os miñaxoias que secundan a greve. Seres como Noxo son os que realmente loitan a corazón aberto polo futuro propio e dos fillos. Velaquí unha verdadeira mostra de dignidade e de valor!

3 Lino

Pois si que das noxo, paspán. Eu por miña parte desexo que estes toda tua p. vida no paro. Non queremos compañeiros traidores.

4 pinchorla

Pois si alguén non entende esta Folga Xeral có indice de paro en Galiza dos máis altos do Estado, e con indicios de ir a peor tod@s, e a millor xa non os mesmos de sempre, inda menos que os de sempre,entón non haberá que facer Folga nunca. Así nos vai neste noso País, sempre obedecendo e agachándose ante o poder.

5 mileurista

O que non fixeron os sindicatos por nos en 30 anos, vanno facer agora con folgas? Eu farei folga contra os empresarios, noon irei traballar. E contra os sindicatos, non irei ás manifestacións.