Xogarse a pel por facer folga en Galicia

Traballadores recompilan na Rede como certas empresas, incluídas os maiores empregadores do país, intimidan e ameazan aos que secunden a folga do 29M. Lista das 30 empresas denunciadas no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 21/03/2012 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A rede comeza a mobilizarse de cara a folga social convocada pola práctica totalidade de sindicatos para o próximo 29M. Unha das iniciativas cidadáns a nivel estatal, denominada  29M Sin miedo, pasa por denunciar aquelas compañías que presuntamente violan o dereito de folga, por exemplo, ameazando con despedimentos aos que secunden a convocatoria.

None

En Galicia os activistas sociais denunciaron polo de agora 30 compañías:

  • Na Coruña Inditex, Jealsa, Galipack Express, José Mari Maquinaria Galicia, Aluminios Cortizo, Cándido Hermida, Cerámica Campo e Industrias Losán, .
  • En Pontevedra, PSA Citroën Bosch, Viñas Publicidad, Sociedad de Servicios Cantodarea, Niso Rodríguez, Anta de Moura, Zemsania, Wanted Selection, Occidental Servicios Informáticos, Landín, Corposider, Fomento Profesional e Yatesport.
  • En Ourense Coren, Orember, Supermercados Gadis, Geriatros, Atconl e Ibernisha.
  • En Lugo Star Center.

Ningunha das compañías citadas publicou polo de agora a súa versión.

Ameazas máis ou menos veladas en firmas grandes: Citroen, Inditex, Gadis, etc.

O grao das presuntas represalias é moi variábel. Por exemplo, no caso do xigante do téxtil Inditex (Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, etc.) as presuntas intimidacións pasan por "tomar nota de quen secuende a folga", da actividade dos piquetes informativos e de vixilar o paro nas subcontratas.

None

A fábrica de Citroën en Vigo é sempre un dos grandes obxectivos dos piquetes. As denuncian pasan porque "algúns empregados fixos que apoiaron outras folgas foron cambiados a un posto peor", estes quedan sen suba de salario e os eventuais que van a folga non son renovados. Neste mes a empresa automobilística xa preguntou quen secundaría a mobilización.

Noutra compañía con moitos empregados, Supermercados Gadis, hai "reunións do empresario co cadro de persoal para intimidar".

Pouco sutís son tamén as presuntas ameazas en Greriatros, empresa privada que leva moitos centros públicos para maiores, onde os traballadores recibiron cartas, segundo os denunciantes, lembrándolles que teñen pendente de renovar o contrato despois do 29M.

Vixiantes privados para intimidar aos traballadores

Máis grave é o caso de Aluminios Cortizo, onde os asalariados denuncian, ademais de quendas de até 16 horas de traballo, "ameazas verbais para cumprirnos a nosa xornada" e que "coloca vixiantes ao longo da estrada todo o día diante da fábrica, o que secunda a folga ese día vai para a casa".

En Bosch de Vigo "están ameazadas que se fallan ao traballo o 29M van ser sancionadas". En Hiperxel, tamén da capital olívica, os proletarios denuncian intimidacións e que aos eventuais non se lle renova o seu contrato se exercen o seu dereito ao paro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

8 fundebarcos

grazas pola informacion,xa que vou ir de piquete e asi saberemos por onde empezar,a ver se e tan valente ese xefe diante de nos

7 Xurxo

E non sería máis doado, non trabucarse sistemáticamente á hora de votar, e no canto de votar a PP-PSOE na Galiza, votasemos ao BNG?. Máis que nada, pq a min estáseme acabando a paciencia de que me desconten o salario os días de folga, por culpa de mais do 80% da xente deste pais, que sempre ten unha escusa para non votar ao BNG, e logo pidenche que vaias a mobilizarte por eles. Sexa naval, sexa idioma, sexa reformas laborais varias.

1 sexa polos inocentes

Sexa no Campeón e na Carioca, sexa no Gurtel/Filesa/Carrumeiro, sexa nos pluses dos altos cargos, sexa nas subvencións a partidos e a fundacións afins, sexa nos consellos de administración das caixas ou repartindo asesores... Pois é evidente que non son todos iguais, pois os do BNG conservan a virxinidade, case como os do PP. E os do PSOE non son tan malos, sobre todo cando pactamos e colocamos peóns. Sexa pola farsa que nos permite manter o negocio dos políticos vendidos!

2 Xurxo

Pois nada!, como somos todos iguais, e ti es o mais listo e puro entre todos os perfectos, ou mais ben es un colaboracionista, ou un dos milleiros de galegos que se deixan manipular polos media-españolistos, seguiremos neste pais tratados como colonia africana, e que sigan a dar polo cú ao pobo galego con xente tan lista coma ti.

3 sexa polos listos

Polo cú que ti predicas deunos o PP, o PSOE e o BNG cando tivo ocasión. Eu non son puro e casto, pero teño memoria e non perdono a traidores que nos venderon. Nos son máis listo, pero TAMPOUCO MENOS ca ti. Así que vai co conto a quen cho crea!

6 Xoelho

Pois claro, para iso se fixo a reforma laboral, para deixar os trabalhadores en precariedade absoluta para que non poidan nin protestar.

1 Marina

Son traballadora de Método Consultores e vou secundar a folga do día 29. Non nos poñen ningún impedimento. Ë totalmente falso que esta empresa esté a impedir o dereito á folga.

5 akl

Boicote contra estas empresas xa !

4 pois é!

só podo dizer, vivam os piquetes! que sejam o mais efectivos possíveis.

1 misto

comezando já pelo boikote das devanditas empressas. Se bem igual venhem a contar , como venhem xustificando alguns que som empressas galegas...galegas ? PUAG !!!