Xogarse a pel por facer folga en Galicia

Traballadores recompilan na Rede como certas empresas, incluídas os maiores empregadores do país, intimidan e ameazan aos que secunden a folga do 29M. Lista das 30 empresas denunciadas no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 21/03/2012 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

A rede comeza a mobilizarse de cara a folga social convocada pola práctica totalidade de sindicatos para o próximo 29M. Unha das iniciativas cidadáns a nivel estatal, denominada  29M Sin miedo, pasa por denunciar aquelas compañías que presuntamente violan o dereito de folga, por exemplo, ameazando con despedimentos aos que secunden a convocatoria.

None

En Galicia os activistas sociais denunciaron polo de agora 30 compañías:

  • Na Coruña Inditex, Jealsa, Galipack Express, José Mari Maquinaria Galicia, Aluminios Cortizo, Cándido Hermida, Cerámica Campo e Industrias Losán, .
  • En Pontevedra, PSA Citroën Bosch, Viñas Publicidad, Sociedad de Servicios Cantodarea, Niso Rodríguez, Anta de Moura, Zemsania, Wanted Selection, Occidental Servicios Informáticos, Landín, Corposider, Fomento Profesional e Yatesport.
  • En Ourense Coren, Orember, Supermercados Gadis, Geriatros, Atconl e Ibernisha.
  • En Lugo Star Center.

Ningunha das compañías citadas publicou polo de agora a súa versión.

Ameazas máis ou menos veladas en firmas grandes: Citroen, Inditex, Gadis, etc.

O grao das presuntas represalias é moi variábel. Por exemplo, no caso do xigante do téxtil Inditex (Zara, Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, etc.) as presuntas intimidacións pasan por "tomar nota de quen secuende a folga", da actividade dos piquetes informativos e de vixilar o paro nas subcontratas.

None

A fábrica de Citroën en Vigo é sempre un dos grandes obxectivos dos piquetes. As denuncian pasan porque "algúns empregados fixos que apoiaron outras folgas foron cambiados a un posto peor", estes quedan sen suba de salario e os eventuais que van a folga non son renovados. Neste mes a empresa automobilística xa preguntou quen secundaría a mobilización.

Noutra compañía con moitos empregados, Supermercados Gadis, hai "reunións do empresario co cadro de persoal para intimidar".

Pouco sutís son tamén as presuntas ameazas en Greriatros, empresa privada que leva moitos centros públicos para maiores, onde os traballadores recibiron cartas, segundo os denunciantes, lembrándolles que teñen pendente de renovar o contrato despois do 29M.

Vixiantes privados para intimidar aos traballadores

Máis grave é o caso de Aluminios Cortizo, onde os asalariados denuncian, ademais de quendas de até 16 horas de traballo, "ameazas verbais para cumprirnos a nosa xornada" e que "coloca vixiantes ao longo da estrada todo o día diante da fábrica, o que secunda a folga ese día vai para a casa".

En Bosch de Vigo "están ameazadas que se fallan ao traballo o 29M van ser sancionadas". En Hiperxel, tamén da capital olívica, os proletarios denuncian intimidacións e que aos eventuais non se lle renova o seu contrato se exercen o seu dereito ao paro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

3 papademo

vaya par de eggs que tedes!!! e os que nos xogamos a pel diante dos piquetes "informativos" por querer exercer o dereito o traballo??????? deses non decides nada non? pois deberiades de lembrar como se votaron cravos ou aceite nas rotondas do ceao de lugo, queimaronse contedores etc etc, todos eles actos violentos con fin de que os traballadores que quixeron ir traballar non foran. ainda lembro como se tiberon que meter os coches nas naves para que non os raiasen os que fumos traballar espero que o seguro do sindicato cobra este danos dos violentos

1 Trabalhador

Esses?? a esses já vos paga o empresario ponhendo-vos nos postos dos que botam aos que tenhem dignidade e luitar polos dereitos dos trabalhadores namentres os fura-greves lhe lambedes o cú o empresario.

2 Trutxo64

Olho, Women Secret nom é umha marca do grupo Inditex, é da sua concurrência o grupo Cortefiel.

1 Xaquín

Jealsa-Rianxeira non é a mesma compañía que aparecía naquel vídeo da Sexta? http://www.lasextanoticias.com/vide... E algúns reclamando máis "liberdade" para as empresas...

1 Antón

E Ceramicas Campo é a do ex alcalde do PP de Origueira, amigo de correrias de Pocholo. E Aluminios Cortizo foi quén foi condeada polo tribulal superior de xustiza por ocupar ilegalmente terreos no Umio para unha central hidroélectrica. E....en fin, terrorismo empresarial.