Por Galicia Confidencial | Foz | 22/03/2012 | Actualizada ás 18:42
O pasado mes de novembro Mariñapatrimonio comunicoulle ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a existencia dun novo xacemento arqueolóxico situado a 300m do casco urbano de Foz, no lugar do Carreiro.
Un xacemento, que tras a súa inspección polos arqueólogos de Patrimonio, foi incluída no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio e que resultou ser un dos maiores castros da comarca. E é que o castro ten unha extensión de aproximadamente 6 hectáreas que ocupan todo unha peninsula.
Covas e ouro
Neste castro hai unha mina de ouro, segundo os veciños, que foi tapada no ano 1994 ao construír o paseo marítimo. A tradición oral conta, ademais, da existencia dunha cova no Pico do Castro de Foz a un quilómetro do Carreiro.
Sen embargo, este xacemento atopase afectado por varias infraestruturas que afectan significativamente o seu aspecto orixinal; unha estrada que danou boa parte do seu sistema defensivo, un paseo marítimo que tapou varios foxos e a construcción de catro vivendas unifamiliares no seu interior.
Con todo, O Carreiro mantén moitas hectáreas, presumiblemente intactas, que, segundo Mariña Patrimonio, “deben ser protexida”. Nunha das súas zonas ainda se poden ver varios muros das cabanas do castro, muíños e cerámica común de tradición indíxena. Tamén se atopan numerosos fragmentos de cerámica construtiva con armazón vexetal, vinculada con fornos posiblemente de actividade metalúrxica.
Máis fotos aquí.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.