As temperaturas caen este venres ata 10ºC en todo o norte

Chega unha fronte que levará un "cambio de aire", sobre todo, en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 26/07/2019 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

A chegada dunha fronte procedente do Atlántico está a deixar precipitacións no noroeste do país, que o venres se estenderán a boa parte da Península e que provocará un descenso térmico de entre 4 e 10 graos centígrados, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

A portavoz do AEMET, Delia Gutiérrez, explicou a Europa Press que o "pico" de calor xa pasou aínda que se manteñan as temperaturas altas que seguirán tanto de día como de noite este xoves xa que a fronte levará "un cambio de aire" que se notará sobre todo en Galicia, no oeste de Castela e León, en Estremadura e Andalucía occidental. O venres estenderase a toda España, menos á franxa pegada ao Mediterráneo e Baleares, onde chegará o sábado.

Esa fronte deixará choivas e sobre todo as baixadas de temperatura na metade norte poden chegar a ser de 8 a 10 graos centígrados, o que segundo a portavoz é "un cambio moi importante" especialmente para o Alto Ebro, onde están a padecer "moita calor". No resto do país a baixada térmica será duns 4 graos centígrados.

O descenso das temperaturas reflíctese na diminución das provincias en alerta, que pasaron de 24 este xoves (case todas por altas temperaturas) a 16 o venres, cando só cinco estarán en risco por calor mentres que o resto estarán en risco por choivas, treboadas e ondada, segundo detalla o AEMET.

Néboa na A-8, a Autovía do Cantábrico, no Alto do Fiouco. AXM
Néboa na A-8, a Autovía do Cantábrico, no Alto do Fiouco. AXM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta