Investigan unha vertedura industrial no río Avia ao seu paso polo Carballiño

Foi un veciño quen puxo a denuncia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil prosegue a investigación sobre unha vertedura denunciada a principios do pasado mes de xullo no río Avia no municipio do Carballiño (Ourense).

Río Avia
Río Avia | Fonte: wikiloc

Segundo informaron fontes próximas á investigación, aínda que nunhas primeiras análises non se observou "nada", nuns segundos apuntouse unha posible orixe industrial da vertedura.

Por iso, o Seprona continúa coas pescudas á espera dos resultados de análises realizadas tras a denuncia dun veciño o pasado mes de xullo en relación a unha vertedura de suposto orixe industrial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta