O Consorcio contra Incendios en Ourense trata a comarcalización de bombeiros

O Consorcio pretende tamén conversar co novo goberno local formado por Democracia Orensana e "consolidar un mapa de emerxencias provincial", destacaron.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/08/2019 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

O pleno do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Ourense celebrou este 1 de agosto a súa reunión constitutiva para o mandato 2019-2023, na que Pablo Pérez, deputado provincial de Cooperación, foi elixido presidente e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, vicepresidente, en representación da Xunta de Galicia.

Así mesmo, na organigrama estarán representados tamén o Partido Socialista de Galicia (PSdeG) e popular (PPdeG) cos seus membros Aurentino Alonso e Patricia Lamela, respectivamente.

Pérez afirmou que "o consorcio seguirá apostando pola mellora e innovación nas emerxencias, tal e como fixo no catro anos anteriores". Ademais, a entidade comprométese coa comarcalización dos Bombeiros de Ourense tras a negativa do ano anterior do Concello, cando o exalcalde popular Jesús Vázquez rexeitou as demandas dos sindicalistas de sacar a OPE.

O Consorcio pretende tamén conversar co novo goberno local formado por Democracia Ourensá e "consolidar un mapa de emerxencias provincial", destacaron. O novo presidente estableceu tamén como prioridade a innovación dos parques comarcais. Así, subliñou o traballo do mandato anterior con "os orzamentos destinados a melloras e cambios de equipamentos para emerxencias" e coa axuda da patronal de seguros Unespa.

Consorcio Provincial Contra Incendios E Salvamento. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Consorcio Provincial Contra Incendios E Salvamento. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta