Gaiteirada de Leo Bassi no Obradoiro

Despois de que o alcalde de Santiago tentase evitar a súa actuación, o cómico italiano responde ao máis puro estilo Manuel Fraga.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 08/04/2012 | Actualizada ás 08:45

Comparte esta noticia

O coñecido bufón Leo Bassi está a buscar gaiteiros e gaiteiras para recibilos este xoves na Praza do Obradoiro. Segundo unha convocatoria que circula polas redes sociais, o acto comenzará a partir das 10:30 horas da mañá.

O artista italiano responde así ao alcalde do PP, Xerardo Conde Roa. O edil negoulle o aluguer do Teatro Principal aludindo problemas de datas pero destacando que Bassi, coñecido polo seu laicismo, producíalle "especial repugnancia".

O cómico confirmou na súa conta en Twitter que Roa será o centro dos seus dardos, pois a súa actuación incluíra a «inauguración de un semáforo en la cercanía por cambio de bombilla», en referencia ao acto no que o alcalde inaugurou dous semáforos, hoxe moi criticados en Compostela porque ralentizan o tráfico.

Despois de que lle fose negado o aluguer do recinto público, Bassi conseguiu actuar no salón de actos Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Máis pequeno que o Teatro Principal, o cómico realizará dúas funcións este xoves tras a 'gaiterada' do Obradoiro. Unha imaxe que sen dúbida recordará as macrogaiteiradas que organizaba Manuel Fraga nas súas tomas de posesión como presidente da Xunta.

None

Bassi dixo publicamente que a frustrada tentativa de Conde Roa serviulle para obter publicidade gratis e, polo tanto, máis público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 oPPus Gays

Conde Roba!!!! Avante Bassi !!!! ;))

6 Meu

hai que dicirlle a Leo Bassi que onde ten que facela é nos xulgados de Fontiñas, xa que é aí ás 12h onde estará Conde Roa declarando que é un colaborador oficial do Fisco e non un delincuente.... pais....

5 Gamela

Gaiterios somos todos... esto senon fose CENSURA sería pra escachar coa risa... pero a broma hai que parala a tempo, porque non é algo illado nin é Conde Roa o "inimigo" a batir! Veñen a por todas! http://ir.gl/23265c

4 CondeCoraDo

Moitas grazas Leo, por poñer no seu sitio a istes personaxes, sempre te entendín, os paiasos (os artistas que tedes a habilidade de facernos ver a horrible realidade cún sorriso) sodes os piores enemigos destes seres humanos dos que nos teríamos que rir senón fose polo daño que fan

3 markooss

Boa resposta ao peneque-roa. Mágoa de non saber tocar a gaita. hahaha