Os termómetros superan os 28ºC nas primeiras horas en Cedeira e A Coruña

Este Xoves Arnoia superou os 38º.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2019 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

Os termómetros superaron os 28 graos centígrados nas primeiras horas da mañá deste venres en localidades coruñesas como Cedeira, con 28,7ºC, e A Coruña, con 28,1ºC, tras alcanzar o xoves os 38,3ºC o municipio de Arnoia (Ourense).

Así consta nos rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, nunha xornada na que a zona de Ourense ten aviso de risco por temperaturas altas.

Na tarde do xoves o municipio de Leiro alcanzou os 37,3ºC, mentres que na cidade de Ourense os termómetros chegaron aos 37,2ºC e aos 37ºC en Castrelo de Miño, na mesma provincia.

Mentres, ata as 10,00 horas deste venres, ademais de Cedeira e A Coruña, outros puntos da provincia da Coruña rexistraron temperaturas significativas como Arteixo (27,6ºC) e Carnota (27,6ºC). Tamén o municipio pontevedrés das Neves alcanzou os 27,7ºC ás 10,00 horas deste venres.

Día de sol en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo
Día de sol en Santiago de Compostela. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta